Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 29 de xuño de 2011 Páx. 17432

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de xuño de 2011 pola que se fai pública a composición do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.

O Decreto 395/2009, do 8 de outubro, polo que se modifica o Decreto 279/2008, do 11 de decembro, polo que se crea e regula o Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores, establece no seu artigo 3 que a presidencia deste órgano recaerá na persoa titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que os membros deste consello serán nomeados pola persoa titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo das correspondentes designacións polas entidades que o compoñen.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Facer pública a composición do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores, coa seguinte relación de persoas e cargos:

1. Presidencia.

Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Vicepresidencia.

José Luis Mira Lema, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

3. Vogais.

a) José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades.

b) José Manuel Rey Pichel, director xeral do Patrimonio Cultural.

c) M.ª Nava Castro Domínguez, directora xeral de Comercio.

d) Miguel Fernández Cid, por designación do conselleiro de Cultura e Turismo entre personalidades de recoñecido prestixio.

e) Por designación do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria entre personalidades de recoñecido prestixio do ámbito das artes:

– Rodrigo Porral Mato.

– Euloxio Rodríguez Ruibal.

– Ángel Sicart Giménez.

– Carlos Villanueva Abeleiras.

– Maximino Zumalave Caneda.

f) José López Calo, por designación do Parlamento de Galicia entre personalidades de recoñecido prestixio no ámbito das ensinanzas artísticas.

4. Secretario/a.

Actuará como secretario/a, con voz pero sen voto, un funcionario ou funcionaria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria