Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2011 Páx. 16462

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2011 pola que se aproba a proposta da comisión de avaliación dos candidatos para a adxudicación dunha bolsa de formación en competencias técnicas vinculadas a sistemas de xestión da teleformación.

Examinada a proposta da comisión de avaliación dos candidatos para a adxudicación dunha bolsa de formación en competencias técnicas vinculadas a sistemas de xestión da teleformación,

DISPOÑO:

Primeiro. Adxudicar a citada bolsa a Sergio Facal Fariña, de acordo co previsto na base oitava da Resolución do 13 de decembro de 2010 (DOG n.º 241, do 17 de decembro), por ser o candidato a que lle corresponde por orde de puntuación. A efectividade da bolsa recoñecida será desde a data da súa incorporación ata o 31 de decembro de 2011.

Segundo. Recordarlle ao beneficiario que, unha vez recibida esta notificación de concesión da bolsa, disporá dun prazo de dez días para comunicar á Escola Galega de Administración Pública a súa aceptación ou a súa renuncia da bolsa. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa por parte do beneficiario, entenderase tacitamente aceptada, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No prazo de cinco días contados desde a aceptación expresa da bolsa ou do transcurso do prazo para entendela tacitamente aceptada, o candidato seleccionado deberá incorporarse para o desempeño da bolsa na EGAP. No caso de que a beneficiario non se incorporase neste prazo, ou que renunciase expresamente, perderá os dereitos inherentes á bolsa (base décima).

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o director da EGAP, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución nos termos dos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de conformidade co establecido no artigo 46.4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (base novena).

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2011.

Pablo Figueroa Dorrego
Director da Escola Galega de Administración Pública