Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 23 de xuño de 2011 Páx. 16460

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 18 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural e se convocan para o ano 2011.

Advertido erro na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 103, do luns 30 de maio de 2011, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 12.250, número 5, onde di:

«Entregar dúas copias en versión galega, en perfecto estado, no formato elixido na solicitude segundo as modalidades de produción:

  • Longametraxe cinematográfica e ópera prima ou segunda longametraxe: 35 mm.
  • Películas para TV, miniseries e series de animación: Betacam dixital, HD ou DVC Pro 50.
  • Longametraxes documentais de creación e difusión cultural: Betacam dixital, HD ou DVC-Pro 50.

Ademais, en calquera das modalidades será obrigatoria a entrega, ademais, dunha copia en DVD.

Así mesmo, estarán obrigados a facilitarlle á Agadic copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión da obra (guión definitivo, carteis, fotografías, músicas, portadas e outros materiais similares)».

Debe dicir:

«Entregar unha copia en versión galega, en perfecto estado, no formato elixido na solicitude segundo as modalidades de produción:

  • Longametraxe cinematográfica e ópera prima ou segunda longametraxe: 35 mm.
  • Películas para TV, miniseries e series de animación: Betacam dixital ou DVC Pro 50.
  • Longametraxes documentais de creación e difusión cultural: Betacam dixital ou DVC Pro 50.

Ademais, en calquera das modalidades será obrigatoria a entrega, ademais, dunha copia en DVD.

Así mesmo, estarán obrigados a facilitarlle á Agadic copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión da obra (guión definitivo, carteis, fotografías, músicas, portadas e outros materiais similares).

Na páxina 12.251, número 2 do artigo 15, onde di:

«2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á realización do proxecto. Os gastos indirectos poderán formar parte da xustificación sempre que os impute o beneficiario ao proxecto, na medida en que tales gastos correspondan ao período en que se realiza o proxecto e nunha porcentaxe non superior ao 20% do gasto xustificado. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2011 e a fin da data de xustificación establecida na correspondente convocatoria».

Debe dicir:

«2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á realización do proxecto. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2011 e a fin da data de xustificación establecida na correspondente convocatoria».