Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 21 de xuño de 2011 Páx. 15999

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2010.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga, por medio desta resolución dáse publicidade á relación dos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2010 pola Consellería do Mar que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2011.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Mar

ANEXO

Convenio e obxecto

Data de sinatura

Importe €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar, o Intecmar e o Instituto de Investigacións Científicas para a realización do plan nacional «Comparación de metodoloxías para a determinación de toxinas paralizantes en bivalvos relacionadas co Paralytic Shellfish Poisoning (psp). Aplicación á acuicultura en España».

14.10.2010

37.283,00

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo co obxecto da posta en funcionamento dunha ferramenta informática que conteña información relativa á estrutura, organización e medios dos que dispoñen as confrarías de pescadores a nivel provincial.

18.10.2010

30.000,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra co obxecto da posta en funcionamento dunha ferramenta informática que conteña información relativa á estrutura, organización e medios de que dispoñen as confrarías de pescadores a nivel provincial.

18.10.2010

50.000,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña co obxecto da posta en funcionamento dunha ferramenta informática que conteña información relativa á estrutura, organización e medios de que dispoñen as confrarías de pescadores a nivel provincial.

18.10.2010

50.000,00

Convenio entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo polo que se regulan as condicións en que se lle concede unha subvención directa para a realización da «XX semana internacional de cine submarino en Vigo».

9.12.2010

17.500,00

Convenio entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo polo que se regulan as condicións en que se lle concede unha subvención directa para a realización do «II Curso do máster universitario en Economía, avaliación e xestión do medio mariño e dos recursos pesqueiros».

9.12.2010

7.500,00

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia (Cehosga) para promocionar o emprego entre os seus asociados dos produtos da pesca artesanal e do marisqueo a través da marca pescadeRias ¿de onde se non? Así como da DOP Mexillón de Galicia, impulsando o seu consumo incrementando así a súa competitividade.

3.11.2010

112.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a entidade Canal Voz, S.L. para promover campañas informativas autorizadas polo artigo 3 da Lei de publicidade e comunicación institucional (Lei 29/2005, do 29 de decembro).

2.12.2010

80.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Instituto Español de Oceanografía para a realización dos plans nacionais «Bases para o control da reprodución e coñecemento do sistema de defensas naturais no linguado» (Solea senegalensis), «Caracterización da calidade do peixe de crianza», «nutrición e alimentación de paralarvas e subadultos de polbo de rocha» e «acuicultura integrada: experiencia piloto para o desenvolvemento de sistemas de cultivo multitróficos».

30.11.2010

87.638,00

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e Radiotelevisión Galicia, S.A.

23.9.2010

46.793,10

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación de Mayoristas, Importadores, Exportadores y Transformadores de Productos de la Pesca y Acuicultura.

1.10.2010

75.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, para a colaboración na xestión das axudas aos tripulantes enrolados en buques con porto base en Galicia polo peche da pesqueira do bocarte.

29.9.2010

5.300,00

Convenio de colaboración co Colexio Oficial de Peritos e Enxeñeiros Técnicos Industriais co obxecto de establecer as condicións de colaboración financeira para a realización polos facultativos do seu Consello xeral de traballos de valoración, seguimento e control de proxectos de investimentos subvencionables a través do FEP 2007-2013.

1.9.2010

149.781,00

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Defensa e a Xunta de Galicia para a utilización da cámara hiperbárica da unidade de mergullo de Ferrol.

30.12.2010

Sen custo