Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 21 de xuño de 2011 Páx. 15876

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 7 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se determinan os prazos e se ditan instrucións no procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2011-2012.

Advertidos erros nos anexos I e III da citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 112, do martes 14 de xuño de 2011, cómpre facer as oportunas correccións:

– Na páxina 14.778, onde di: «Proceso de admisión de alumnado aos ciclos formativos de formación profesional específica», debe dicir: «Proceso de admisión de alumnado aos ciclos formativos de formación profesional inicial».

– Na mesma páxina, no recadro, onde di: «... que presentou a solicitude para inscribirse/matricularse nos ciclos formativos/módulos de formación profesional específica…», debe dicir: «... que presentou a solicitude para inscribirse/matricularse nos ciclos formativos/módulos de formación profesional inicial…».

– Na páxina 14.783, onde di: «– Real decreto 254/2011, do 28 de febreiro, polo que se establece o título de técnico en cultivos acuícolas e se fixan as súas ensinanzas mínimas», debe dicir: «– Real decreto 259/2011, do 28 de febreiro, polo que se establece o título de técnico superior en paisaxismo e medio rural e se fixan as súas ensinanzas mínimas».