Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Luns, 20 de xuño de 2011 Páx. 15566

I. Disposicións xerais

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE conxunta do 19 de maio de 2011, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se suprimen tres oficinas de rexistro e se crea unha nova oficina de rexistro.

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención á cidadanía modificado polo Decreto 38/2009, do 19 de febreiro, dispón no seu artigo 3.3 que en todas as consellerías da Xunta de Galicia, organismos autónomos, entidades de dereito público e demais entes públicos vinculados ou dependentes dela, así como nas delegacións ou direccións provinciais ou territoriais, existirá unha oficina de rexistro.

Deste xeito, como consecuencia da unificación das dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar na cidade da Coruña, resulta preciso suprimir as oficinas de rexistro relacionadas no anexo I do Decreto 38/2009, do 19 de febreiro, a saber, a oficina de rexistro da antiga Delegación Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, situada na r/ Enrique Mariñas, s/n da Coruña; a oficina de rexistro da antiga Delegación Provincial de Traballo situada na r/ Fernando Macías, 18-20, 1.º da Coruña e o rexistro de Promoción do Emprego, situado na r/ Fernández Latorre, 132-1.º na Coruña. Ao mesmo tempo, créase a oficina de rexistro que terá o seu domicilio na avda. Salvador de Madariaga, n.º 9-1.º da cidade da Coruña.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e a Consellería de Traballo e Benestar

DISPOÑEN:

Artigo 1.

Suprímense as oficinas de rexistro relacionadas no anexo I do Decreto 38/2009, do 19 de febreiro, situadas na r/ Enrique Mariñas, s/n da Coruña; na r/ Fernando Macías, 18-20, 1.º da Coruña e na r/ Fernández Latorre, 132-1.º da Coruña.

Artigo 2.

Créase a oficina de rexistro que terá a súa localización na avda. Salvador de Madariaga, n.º 9, 1.º da Coruña.

Disposición derradeira primeira.

O establecido nesta orde non suporá incremento de gasto.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela Beatriz Mato Otero
Conselleiro de Presidencia, Administracións Conselleira de Traballo e Benestar
Públicas e Xustiza