Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2011 Páx. 15016

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 7 de xuño de 2011 pola que se fai pública a ampliación dos importes existentes para a concesión das axudas previstas na Orde do 31 de decembro de 2010.

A Orde do 31 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego, establece no seu artigo 2 que os créditos estimados que financian as axudas contidas nela poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Dado que esta orde establece que os importes fixados nas aplicacións previstas nela poderán ser incrementados ou minorados en función das solicitudes que se presenten e das axudas e subvencións que efectivamente se concedan, coas limitacións que poidan establecer a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas e subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e que existen remanentes de crédito procedentes da incorporación de fondos finalistas correspondentes a saldos de exercicios anteriores, que poden ser utilizados para o financiamento desta orde, ao abeiro do disposto no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procede publicar a presente ampliación de crédito.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Amplíase o importe total dos créditos para o financiamento das axudas previstas na Orde do 31 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego, nas aplicacións, anualidades e polos importes seguintes:

– Anualidade 2011:

12.05.322B.444.0, código de proxecto 2002 14 460: 145.000,00 euros.

12.05.322B.460.0, código de proxecto 2002 14 460: 485.116,43 euros.

12.05.322B.460.2, código de proxecto 2002 14 460: 473.750,00 euros.

12.05.322B.481.2, código de proxecto 2002 14 460: 246.043,31 euros.

12.05.322B.460.0, código de proxecto 2006 00 481: 177.185,55 euros.

12.05.322B.481.0, código de proxecto 2006 00 481: 308.512,49 euros.

– Anualidade 2012:

12.05.322B.460.0, código de proxecto 2006 00 481: 44.296,00 euros.

12.05.322B.481.0, código de proxecto 2006 00 481: 77.128,00 euros.

Artigo 2.

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2011.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar