Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2011 Páx. 15018

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 10 de xuño de 2011 pola que se convocan, para o exercicio orzamentario de 2011, as axudas para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal.

Mediante Orde do 3 de marzo de 2008 (DOG n.º 49, do 10 de marzo), a Consellería do Medio Rural estableceu as bases reguladoras para a concesión de subvencións para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal, de acordo co establecido no Real decreto 1615/2007, do 7 de decembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal (BOE n.º 304, do 20 de decembro).

De acordo co artigo 9 do citado real decreto, na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural do 9 de maio de 2011, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e os remanentes de fondos resultantes ao finalizar o exercicio 2010 que se atopan en poder en cada comunidade autónoma, asignáronse fondos para o ano 2011, que están pendentes de xerar no orzamentos da Xunta de Galicia.

Por outra banda, a Orde ARM/1432/2011, do 25 de maio (BOE nº 129, do 31 de maio), establece un novo prazo para a presentación de solicitudes de determinadas subvencións estatais en materia de gandaría no ano 2011, entre as cales se atopan as relativas a esta liña de axudas, que se prorroga ata o 30 de xuño.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3.º do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto.

O obxecto desta orde é convocar, para o exercicio orzamentario 2011, as axudas para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal cuxas bases foron aprobadas mediante a Orde do 3 de marzo de 2008 (DOG n.º 49, do 10 de marzo).

Artigo 2. Convocatoria das axudas.

Convócanse para o exercicio orzamentario 2011, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal, sendo as súas bases reguladoras as contidas na Orde do 3 de marzo de 2008.

A finalidade desta liña de axudas é incentivar a aplicación de sistemas de control da rastrexabilidade para aqueles operadores que apliquen programas de produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal, que impliquen a todas e cada unha das fases de produción e comercialización, mediante a contribución ao financiamento dos gastos derivados da asistencia técnica necesaria para o desenvolvemento e posta en funcionamento destes sistemas, así como de certos gastos que supoñen a súa implantación, entre eles os custos derivados da realización de controis de calidade efectuados por terceiros.

Artigo 3. Solicitudes e procedemento de xestión.

As solicitudes, documentación, condicións e procedemento de xestión das axudas serán as recollidas na Orde do 3 de marzo de 2008, pola que se estableceron as bases reguladoras destas axudas. Como anexos a esta orde inclúense o modelo de solicitude (anexo I) e declaración sobre outras axudas (anexo II).

Artigo 4. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria rematará o día 30 de xuño inclusive, de acordo co artigo 3 da Orde ARM/1432/2011, do 25 de maio, pola que se establece un novo prazo para a presentación de solicitudes de determinadas subvencións estatais en materia de gandaría no ano 2011 (BOE n.º 129, do 31 de maio).

Artigo 5. Financiamento das axudas.

1. As axudas concedidas financiaranse con fondos procedentes do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, de acordo co previsto no Real decreto 1615/2007, do 7 de decembro, aprobados na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural do 9 de maio de 2011, por un importe de 105.729 €, que se xerarán na aplicación orzamentaria 13.04.713D.781.0.

2. Tanto a concesión da axuda como o pagamento estarán condicionados polas dispoñibilidades existentes na dita aplicación orzamentaria.

Disposición derradeira primeira. Disposición de desenvolvemento.

Facúltase a directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais para ditar as disposicións que sexan necesarias para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rura

missing image file
missing image file