Pola Orde do 28 de abril de 2011, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 94, do 16 de maio, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. En consecuencia, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 28 de abril de 2011 e designar o funcionario cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.
Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o/a funcionario/a preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade ou de reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2011.
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
NRP: 3325345768 A2060.
Grupo: A1.
Apelidos e nome: Juanatey Mayán, Rafael Isaac.
Posto de traballo: subdirector/a xeral de Medios da Administración de Xustiza.
Nivel: 30.
Código do posto: PR.C03.00.002.15770.001.
Centro directivo: Dirección Xeral de Xustiza.
Localidade: Santiago de Compostela.