Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Luns, 6 de xuño de 2011 Páx. 13377

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 103/2011, do 3 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao.

En atención aos méritos que neles concorren, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de xuño de dous mil once, concédeselle a Medalla Castelao a:

  • Luis Espada Recarey.
  • Antonio Fernández de Buján y Fernández.
  • María del Carmen Porto Vázquez.
  • Modesto Seara Vázquez.
  • Roberto Tojeiro Rodríguez.

Santiago de Compostela, tres de xuño de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza