Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 31 de maio de 2011 Páx. 12446

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2011 pola que se fai pública a redistribución dos créditos da convocatoria para o ano 2011 do Programa do Igape de bolsas de formación en promoción exterior, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

Mediante acordo do Consello de Dirección do Igape do 20 de abril de 2010, aprobáronse as bases reguladoras do Programa do Igape de bolsas de formación en promoción exterior, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007−2013.

As ditas bases fixéronse públicas mediante Resolución do 27 de decembro de 2010 (DOG n.º 1, do 3 de xaneiro de 2011) e, segundo o disposto no seu punto terceiro do Resolvo, o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

A distribución dos créditos das bolsas fíxose en función da data de incorporación dos bolseiros aos seus destinos, que estaba prevista inicialmente para o último trimestre de 2011. Non obstante, a día de hoxe, verifícase que a súa incorporación será posible no mes de xuño de 2011.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a seguinte redistribución dos créditos da convocatoria para o ano 2011 do Programa do Igape de bolsas de formación en promoción exterior, e queda redactado o punto terceiro do Resolvo do seguinte xeito:

«Terceiro. A dotación orzamentaria para estas bolsas ascende ao importe de 593.500 € e aboarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

–01.04-E3/20/03-62 do orzamento do Igape, distribuído en 60.775 euros para o exercicio 2011, e 32.725 euros para o exercicio 2012.

–01.04-E3/20/03-65 do orzamento do Igape, distribuído en 325.000 euros para o exercicio 2011, e 175.000 euros para o exercicio 2012.

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto».

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2011.

Joaquín Varela de Limia de Cominges
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica