Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 31 de maio de 2011 Páx. 12444

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de maio de 2011 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Municipal Magariños do concello de Brión (A Coruña) no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Concello de Brión solicita a inscrición da Escola de Música Municipal Magariños no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, a Xefatura Territorial da Coruña, achega o expediente cos correspondentes informes.

Cumpridos todos os trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a inclusión no rexistro de escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia da Escola de Música Municipal que se sinala:

Provincia: A Coruña.

Concello: Brión.

Localidade: Brión.

Domicilio: avda. de Santa Minia, 70. CP 15865.

Código do centro: 15032753.

Titular: Concello de Brión.

Denominación: Escola de Música Municipal Magariños.

Segundo. Esta escola queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes.

Terceiro. O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria