Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 27 de maio de 2011 Páx. 11889

I. Disposicións xerais

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2011 pola que se modifican os modelos de solicitude e a documentación que os acompaña previstos no anexo II do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012.

Feitos:

Primeiro. O Decreto 402/2009, do 22 de outubro, publicado no Diario Oficial de Galicia n.º 217 do 5 de novembro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 decembro, para o período 2009-2012, constitúe o marco normativo desta resolución.

Segundo. Este decreto, no seu anexo II, recolle diversos modelos de solicitude previstos para a resolución numerosa dunha serie de procedementos.

Fundamento de dereito único.

Na disposición adicional segunda o citado decreto habilita o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para que, mediante resolución, acorde modificar os modelos de solicitude e a documentación que os acompaña, cando os cambios na normativa así o exixan ou a mellora na xestión así o aconselle.

En virtude do exposto anteriormente e en uso das facultades que teño atribuídas polo Decreto 317/2009, do 4 de xuño,

DISPOÑO:

Primeiro. Modificar os modelos de solicitude recollidos no anexo II do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 decembro, para o período 2009-2012, identificados co código de procedemento VI413A, VI416A, VI427A, VI427E, VI428A, VI428B.

Segundo. Engadir un novo modelo de solicitude co código de procedemento VI413B.

Disposición derradeira única.

Esta disposición entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2011.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file