Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9513

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 29 de abril de 2011 pola que se fixa o importe do crédito dispoñible na convocatoria de 2011 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira, convocadas pola Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento da súa concesión (con financiamento do Fondo Europeo de Pesca).

A Orde do 16 de marzo de 2011 (DOG n.º 57, do 22 de marzo) establece as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira (con financiamento do Fondo Europeo de Pesca).

O artigo 10 da citada orde establece que a presentación das solicitudes mantense aberta ata o 31 de marzo de 2013, e nel establécense os períodos anuais de resolución.

O artigo 9 da citada orde establece que as axudas se concederán con cargo ás aplicacións orzamentarias que en cada un dos anos de vixencia do actual Programa operativo FEP 2007-2013 sinale a correspondente lei de orzamentos xerais da comunidade autónoma.

En cada anualidade sucesiva ata 2013 fixarase mediante unha orde complementaria o crédito plurianual existente con esta finalidade. Os créditos de cada ano poderán ser incrementados, se é o caso, coas incorporacións dos remanentes de exercicios anteriores que legalmente correspondan o crédito orzamentario con cargo ao cal se financia a concesión das axudas.

Aprobados os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2011 pola Lei 14/2010, do 27 de decembro, cómpre xa facer pública a contía do crédito orzamentario destinado a facer fronte a ditas axudas.

Para tal obxecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Crédito orzamentario de 2011.

O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2011 e a plurianualidade asociada ás axudas que poidan concederse neste alcanza o importe de nove millóns novecentos corenta e dous mil oitenta e cinco euros (9.942.085 euros), repartidos nas seguintes anualidades e partidas orzamentarias:

Partida orzamentaria

Ano 2011

Ano 2012

Ano 2013

14.04.723B.770.0

2.811.106 €

2.511.849 €

2.175.699 €

14.04.723B.780.0

1.001.561 €

766.283 €

675.587 €

Totais

3.812.667 €

3.278.132 €

2.851.286 €

As axudas financiaranse con cargo a fondos do FEP (61%), fondos do Estado (19,5%) e fondos da Comunidade Autónoma de Galicia (19,5%).

Artigo 2. Ampliación do crédito.

A contía establecida no artigo anterior para a anualidade 2011 poderá ser incrementada na cantidade resultante das incorporacións de créditos remanentes doutros exercicios.

Artigo 3. Concesión das axudas.

A concesión de axudas quedará limitada, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2011.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar