Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9458

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a ampliación do prazo de presentación de solicitudes de participación correspondentes á contratación de servizos de formación a coidadores non profesionais dentro do ámbito de aplicación da Lei 39/2006, do 14 de decembro, polo procedemento negociado con publicidade, e cunha reserva dun lote a centros especiais de emprego e empresas de inserción sociolaboral, segundo o disposto no artigo 35 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (expediente 5/2011).

1. O 20 de abril de 2011 publicouse no Diario Oficial de Galicia (n.º 78, páxinas 7.114 a 7.115) a Resolución do 11 de abril de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento negociado con publicidade e tramitación ordinaria, do servizo de formación a coidadores non profesionais dentro do ámbito de aplicación da Lei 39/2006, do 14 de decembro, e cunha reserva dun lote a centros especiais de emprego e empresas de inserción sociolaboral, segundo o disposto no artigo 35 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (expediente 5/2011). Debido á imposibilidade de publicar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen esta contratación na plataforma de contratación (http://www.contratosdegalicia.es) ata o 25 de abril de 2011, ampliouse o prazo de presentación de solicitudes mediante resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar do 25 de abril de 2011 (DOG n.º 83, páxinas 7.416 a 7.417) en cinco días naturais desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, prazo que finalizou o 4 de maio de 2011.

2. Detectado un erro no punto 1.2.1.2 dos pregos de cláusulas de prescricións técnicas que rexen esta contratación, procédese á súa emenda mediante resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar do 4 de maio de 2011, e a súa publicación posterior na plataforma de contratación (http://www.contratosdegalicia.es) na mesma data.

3. Co fin de que as empresas licitadoras dispoñan da documentación completa para a presentación das súas proposicións no prazo mínimo que marca a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público,

RESOLVO:

Único. Ampliar o prazo de presentación de solicitudes de participación para a contratación, polo procedemento negociado con publicidade e tramitación ordinaria, de servizos de formación a coidadores non profesionais dentro do ámbito de aplicación da Lei 39/2006, do 14 de decembro, e cunha reserva dun lote a centros especiais de emprego e empresas de inserción sociolaboral, segundo o disposto no artigo 35 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (expediente 5/2011), en tres días naturais desde a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de ampliación de prazo.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2011.

P.D. (Orde 19-8-2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar