Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9424

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 25 de abril de 2011 pola que se modifica a do 7 de marzo de 2011, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e se procede á súa convocatoria.

A Consellería de Economía e Industria ditou a Orde do 7 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia n.º 52, do 15 de marzo).

O artigo 2 da parte dispositiva da Orde do 7 de marzo de 2011, relativo ao crédito orzamentario destinado ás axudas, establece que se destinará unha contía de 1.380.085,18 euros para a anualidade de 2011 e de 966.059,62 euros para a anualidade de 2012, con cargo á aplicación orzamentaria 08.04.733B.760.0; prevese a posibilidade de incrementar as ditas cantidades en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito e este feito non suporá a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Tendo en conta o elevado número de solicitudes presentadas e o seu importe subvencionable, considérase necesario incrementar o crédito para poder atender un maior número de solicitudes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modificar o artigo 2 da parte dispositiva da orde da Consellería de Economía e Industria, do 7 de marzo de 2011, no referente ao crédito orzamentario destinado á anualidade do 2011, que se incrementará en 834.680,07 euros, pasando dos 1.380.085,18 euros iniciais á cantidade final de 2.214.765,25 euros.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2011.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria