Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9505

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 5 de maio de 2011, pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia convocadas pola Orde do 10 de febreiro de 2011.

Pola Orde do 10 de febreiro de 2011 (DOG n.º 32, do 16 de febreiro) e a corrección de erros (DOG n.º 66, do 4 de abril) establecéronse as bases e convocáronse para o ano 2011 as axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia.

No artigo 27. Financiamento, relativo ao financiamento destas axudas, detállanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para elas, así como a posibilidade de incrementar a cantidade fixada anteriormente, de acordo co establecido no número 2 do artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Tendo en conta o elevado número e dimensión das solicitudes de axuda que se recibiron e a necesidade dun maior financiamento, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder amparar as solicitudes de axuda presentadas, sempre que cumpran co establecido na orde desta consellería citada anteriormente.

En virtude do exposto, e de acordo co establecido no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG n.º 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e da súa presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Amplíase para o ano 2011 a dotación orzamentaria que se recolle na Orde desta consellería do 10 de febreiro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 32, do 16 de febreiro), pola que se convocan para o ano 2011 as axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, nos seguintes importes e aplicacións dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2011.

Importe

Proxecto

Partida orzamentaria

1.600.920,09 €

2007-00425

2011-13-02-712C-7701

120.165,85 €

2008-00428

2011-13-02-712C-7703

Disposición adicional única.

O incremento de crédito previsto no artigo único non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 10 de febreiro de 2011.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o mesmo dia da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural