Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9507

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Montes, pola que se dá publicidade aos prazos de presentación de solicitude de pagamento da prima de mantemento para o ano 2011 dos expedientes de axudas concedidas ao abeiro de distintas ordes relativas á forestación de terras agrícolas e non agrícolas e fomento de frondosas caducifolias.

O 24 de maio de 2005 publicouse a Orde do 13 de maio de 2005 de fomento da forestación de terras agrícolas, o 15 de maio de 2007 publicouse a Orde do 9 de maio de 2007 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, o 18 de xuño de 2007 publicouse a Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, o 7 de febreiro de 2008 publicouse a Orde do 28 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, o 18 de febreiro de 2008 publicouse a Orde do 30 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, o 27 de febreiro de 2009 publicouse a Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009, e o 12 de marzo de 2009 publicouse a Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009. Nas devanditas ordes prevese, no caso de ser concedida, unha prima de mantemento que está destinada ao coidado, mantemento e demais traballos posteriores á plantación que son necesarios para o logro da plantación realizada. A prima de mantemento ten unha duración de cinco anos contados a partir do ano seguinte ao do pagamento da última comprobación.

O Regulamento (UE) n.º 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n.º 1698/2005 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e da condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural, establece no seu artigo 8 que as primas de mantemento aboaranse se se solicitan coas convocatorias anuais de solicitude.

Na derradeira disposición das ordes de fomento da forestación de terras agrícolas, de fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e de fomento das frondosas caducifolias, facúltase o director xeral de Montes para ditar todas as disposicións complementarias co obxecto de executar as ditas ordes de axudas.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Obxecto.

O obxecto desta resolución é o seguinte:

a) Dar publicidade aos prazos de presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento para o ano 2011, dos expedientes de axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de maio de 2005 de fomento da forestación de terras agrícolas, da Orde do 9 de maio de 2007 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, da Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, da Orde do 28 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, da Orde do 30 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, da Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 e da Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009.

b) Abrir o prazo para presentar as solicitudes de pagamento da prima de mantemento 2011, dos expedientes de axudas concedidos ao abeiro da Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes.

1. O prazo para presentar as solicitudes de pagamento da prima de mantemento 2011, dos expedientes de axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, comezará a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. O prazo para a presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento 2011, de expedientes de axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de maio de 2005 de fomento da forestación de terras agrícolas, da Orde do 9 de maio de 2007 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, da Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, da Orde do 28 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e da Orde do 30 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, da Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 e da Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009, remata con anterioridade ao día 30 de xuño de 2011.

Terceiro. Presentación de documentación.

Os beneficiarios das axudas xunto coa solicitude de pagamento da prima de mantemento para o ano 2011 que se inclúe como anexo deberán presentar a documentación exixida na orde de axudas correspondente.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2011.

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Montes

missing image file
missing image file

ANEXO II