Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9512

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2011 pola que se acorda a publicación dunha encomenda de xestión de Agader a Tragsatec.

De conformidade co previsto no artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG n.º 251, do 31 de decembro), dáse publicidade a unha encomenda de xestión ordenada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) á Empresa de Tecnoloxía e Servizos Agrarios, S.A. (Tragsatec), que ten as seguintes características:

–Obxecto: apoio á elaboración dos plans de zona correspondentes ao Programa de desenvolvemento rural sustentable na Comunidade Autónoma de Galicia.

–Natureza e alcance: intersubxectiva.

–Vixencia: desde o 23 de marzo ata o 23 de xuño de 2011.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2011.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural