Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Venres, 13 de maio de 2011 Páx. 9449

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas de grao en música para o curso 2011-2012.

O artigo 18.1 da Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG do 8 de outubro), pola que se establece o Plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de grao en música na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o acceso ao dito grao, dispón que será competencia da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a convocatoria, organización, desenvolvemento e avaliación das probas de acceso as ensinanzas de grao en música na Comunidade Autónoma de Galicia, establecidas na Lei 2/2006, do 3 de maio, de educación.

En consecuencia, procede ditar instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas de grao en música para o curso 2011-2012. Xa que logo, en virtude das atribucións que lle son conferidas polo Decreto 332/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Convocar as probas de acceso específicas ás ensinanzas de grao en música para o curso 2011-2012, que se rexerán polas seguintes instrucións:

Primeiro. Acceso.

a) De acordo co establecido no artigo 16 da Orde do 30 de setembro de 2010 para o acceso ás ensinanzas de grao en música, requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente e superar a proba específica de acceso.

b) A nota media do expediente académico do grao profesional de música do alumnado que estea en posesión do título profesional de música ou equivalente suporá un 40% da cualificación final da proba de acceso. Para tales efectos, e en termos de cómputo, farase unha media ponderada da cualificación media obtida nos estudos do grao profesional.

d) No relativo ao cálculo da nota media do alumnado das ensinanzas profesionais de música, será tido en conta o establecido polo Real decreto 1953/2009, do 18 de decembro, polo que se modifican o Real decreto 1577/2006, do 22 de decembro, o Real decreto  85/2007, do 26 de xaneiro, e o Real decreto 1467/2007, do 2 de novembro.

e) De conformidade co citado artigo 16.2 da Orde do 30 de setembro de 2010, a superación desta proba específica permitirá acceder a calquera dos centros do Estado onde se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da súa dispoñibilidade de prazas.

Segundo. Órganos competentes para resolver os procesos de admisión.

1. Comisión de acceso.

De conformidade co disposto no artigo 18 da Orde do 30 de setembro de 2010, a comisión de acceso supervisará o proceso de admisión do alumnado e o cumprimento das normas que o regulan, e proporá, cando for o caso, á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa a adopción das medidas que consideren adecuadas. Os membros desta comisión son os que se recollen no anexo I desta resolución.

2. Tribunais.

Para o desenvolvemento e avaliación das probas de acceso específicas, a comisión estará asistida por tribunais específicos para cada unha das distintas especialidades, tal e como se recolle no anexo I.

As direccións dos conservatorios garantirán a actuación destes tribunais e, se é o caso, das suplencias que se poidan producir.

Terceiro. Inscrición para realizar as probas.

a) A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 10 de xuño, ambos incluídos. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.

b) O día 13 de xuño os conservatorios superiores de música exporán a lista provisoria de admitidos ás probas. O alumnado que non sexa admitido poderá presentar a súa reclamación entre os días 13 e 15 de xuño, ambos incluídos.

c) Para a formalización das solicitudes de admisión, os conservatorios superiores facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

–Título de bacharel ou titulación equivalente, ou certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. No caso de aspirantes que teñan pendente a superación da proba de acceso a estas ensinanzas para maiores de dezanove anos, farano constar na solicitude, quedando condicionada á superación dela.

–Título profesional de música ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou o libro de cualificacións das ensinanzas profesionais, se é o caso.

d) Os conservatorios onde se realice a inscrición deberán enviar á comisión, a través de correo electrónico, a relación de persoas inscritas para realizar as probas de acceso en cada especialidade e itinerario, ordenadas alfabeticamente, con apelidos, nome e número do documento nacional de identidade, e centros a que opte, ordenados segundo a súa preferencia.

e) A relación de persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios de cada centro o día 16 de xuño, así como no portal educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es

Cuarto. Desenvolvemento das probas.

a) As probas específicas de acceso comezarán o día 22 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso.

b) Os conservatorios organizarán a distribución horaria e de espazos de actuación de cada tribunal.

c) Proba específica.

–Especialidade: composición. A proba consistirá en:

–Realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.

–Presentación e defensa oral de obras e traballos realizados polo/a candidato/a.

–Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

–Especialidade: interpretación (agás itinerario de jazz). A proba consistirá en:

–Interpretación dun programa de ata trinta minutos, integrado por obras e/ou estudos dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.

–Análise dunha obra ou fragmento por proposta do tribunal.

–Lectura á vista.

–Especialidade: interpretación, itinerario de jazz. A proba consistirá en:

–Interpretación dun programa ata trinta minutos, integrado por obras do repertorio jazzístico. Será requisito indispensable que o aspirante improvise en cada unha delas.

–Análise dunha obra ou fragmento por proposta do tribunal, engadindo contidos propios da análise de jazz.

–Lectura e improvisación á vista dunha obra ou fragmento de jazz.

–Especialidade: musicoloxía. Itinerario: etnomusicoloxía. A proba consistirá en:

–Análise histórico-estilística, e defensa dunha obra ou fragmento por proposta do tribunal.

–Realización dun comentario de texto ou traballo escrito por proposta do tribunal.

–Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

–Especialidade: pedagoxía. Itinerario de linguaxe musical. A proba consistirá en:

–Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

–Proba vocal individual.

–Composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal. O/a aspirante deberá realizar unha defensa didáctica da súa aplicación.

d) Será competencia de cada tribunal a organización das convocatorias das distintas partes que compoñen a proba, e deberanas comunicar aos interesados no momento da presentación.

Quinto. Admisión do alumnado.

a) Unha vez concluída a proba específica, os tribunais publicarán a listaxe de persoas que superaron a proba e as non admitidas en cada especialidade, ordenadas por puntuación en orde decrecente.

b) Os conservatorios superiores comunicarán o día 28 de xuño á comisión a relación de aspirantes que superaron as probas de acceso, ordenados por puntuación e en orde decrecente, segundo as distintas especialidades.

c) A comisión, á vista das listaxes dos aspirantes que superaron a proba de acceso, determinará, en función do número de vacantes, os aspirantes que obtiveron praza nos respectivos conservatorios, e elevará a proposta á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

d) A listaxe de persoas admitidas en cada centro será comunicada aos respectivos conservatorios o día 1 de xullo, e exposta no portal educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es

e) No caso de quedaren prazas vacantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá establecer un proceso extraordinario de acceso na primeira semana de setembro.

Sexto. Reclamacións e recursos.

a) Os acordos e decisións dos tribunais sobre as probas de acceso poderán ser obxecto de reclamación, ante o mesmo órgano que os ditou, no prazo de dous días hábiles. Este órgano deberá resolver as reclamacións no prazo de dous días hábiles.

b) Contra as resolucións das reclamacións emitidas polo tribunal, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a xefatura territorial correspondente.

Sétimo. Matrícula.

a) O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 4 e 14 de xullo.

b) Para a formalización das solicitudes de matrícula os conservatorios facilitarán ás persoas interesadas os modelos para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do conservatorio, que se xuntará á documentación xa presentada. A falta de formalización de matrícula no prazo estipulado, salvo causas debidamente xustificadas, implicará a perda do dereito a acceder a estas ensinanzas no curso 2011-2012.

c) A posta en marcha de cada especialidade estará condicionada á existencia dun número mínimo de alumnos e alumnas admitidos, e non se cuantifica para estes efectos o alumnado repetidor.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2011.

José Luis Mira Lema
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO
Comisión da acceso ás ensinanzas de grao en música para o curso 2011-2012.

Presidente: Luis Costa Vázquez.

Secretario: Rodolfo García Alonso.

Vogais: José Manuel Fernández.

Andrés Vales González.

María García Mendoza.

Tribunais CMUS Superior da Coruña.

Acordeón:

Presidente: Fernando Fraga Traba.

Vogais: Elisa Timiraos Ferreiro, Mario Seoane Blanco.

Suplente: Nuria Díaz Mera.

Canto:

Presidente: Antón de Santiago Montero.

Vogais: María T. Bárbara Criado, Patricia T. Sánchez Cao.

Suplente: María Victoria Sastre Canzobre.

Composición:

Presidente: Julián Rodríguez Rodríguez.

Vogais: Mario Seoane Blanco, Manuel A. Varela Sanjurjo.

Suplente: María de la Paz Pita Vázquez.

Corda friccionada:

Presidente: Clara Groba Otero.

Vogais: Sergio Sieiro Rey, Nerea Casanova Gilsanz, Ángel Rodríguez Lozano, Antonio Peña Fernández.

Suplentes: Carolina Landriscini Marín.

Guitarra:

Presidente: Ramón Luis Carnota Méndez.

Vogais: Eulogio García Fernández-Albalat, Manuel A. Varela Sanjurjo.

Suplente: Mateo Arnáiz Rodríguez.

Jazz:

Presidente: Hansel Luis Díez.

Vogais: José L. Evangelista Ventura, Íñigo Azurmendi Muñoa.

Suplente: Alberto Manuel Conde de León.

Percusión:

Presidente: Pilar García Ríos.

Vogais: Martirio D. Domenech Rodríguez, María de la Paz Pita Vázquez.

Suplente: José Alfonso Vázquez García-Serrano.

Piano:

Presidente: Javier Ares Espiño.

Vogais: Alicia González Permuy, Julián Rodríguez Rodríguez.

Suplente: Irina Moryatova Yakimycheva.

Pedagoxía da linguaxe musical:

Presidente: Matilde Rubio Mur.

Vogais: Pilar Cancio González, Leticia Presas Freire.

Suplente: María Victoria Núñez Vallejo.

Vento madeira:

Presidente: María de la O Gil Lago.

Vogais: Ismael Vaquero Baquero, César Concheiro Guerrico, Pablo M. Coello Rodríguez, Patricia T. Sánchez Cao.

Suplentes: Jesús Coello Rodríguez, Miguel Gil Peris.

Vento metal:

Presidente: Iago Ríos Martínez.

Vogais: José Fernández Ledo, Ignacio Fernández Rodríguez, Andrés Vales González, Fernando Buide del Real.

Suplentes: Abraham Cupeiro López, Arturo Centellés Fabado.

Tribunais CMUS Superior de Vigo.

Canto:

Presidenta: Beatriz Riobó Agulla.

Vogais: Patricia Blanco Piñeiro, Teresa Nóvoa Freitas.

Suplente: María García-Mendoza Fernández.

Composición:

Presidente: Carlos Cambeiro Alís.

Vogais: Pablo Beltrán Sobrado, Diego David Cuevas Sánchez.

Suplente: Jacobo Gaspar Grandal.

Corda friccionada:

Presidente: Mario Peris Salom.

Vogais: Leonardo Blanco Novoa, Sara Franco Ruíz, Ana Torres Estarque, Juan Carlos Villar del Saz Pardo.

Suplentes: Manuel Martínez Álvarez-Nava, Marta Vélez Pérez.

Guitarra:

Presidenta: Margarita García Escarpa.

Vogais: José Román González González, José Luis Fernández Rodríguez.

Suplente: Agustín Candisano Mera.

Etnomusicoloxía e instrumentos da música tradicional:

Presidente: Julio Alonso Monteagudo.

Vogais: Míriam Barreiro Canda, Rebeca Carrera Argibay, Lorena Freijeiro Alonso, Ramón Cabezas Varela.

Suplentes: Erika Prieto Pérez, Javier Jurado Luque.

Pedagoxía:

Presidenta: Josefina Alborés Núñez.

Vogais: Nieves Salguero Núñez, Gloría Rodríguez Gil.

Suplente: Concepción Rodríguez Conde.

Percusión:

Presidente: Carlos Castro Roig.

Vogais: Vicent Grau Díaz, Juan Manuel Eiras Tojo.

Suplente: Pablo Galdo Vigo.

Piano:

Presidenta: Rasa Biveiniene.

Vogais: Nicasio Gradaille Peña, Arabel Moraguez Garcell.

Suplente: Patricia Rejas Suárez.

Vento madeira:

Presidente: Asterio Leiva Piñeiro.

Vogais: Fernando Raña Barreiro, Ricardo Pazo García, Rafael Salvador Yebra Rivera, Jacobo Gaspar Grandal.

Suplentes: Óscar Araújo Comesaña, Roberto Noche García.

Vento metal:

Presidente: Enrique Lorenzo Vila.

Vogais: Javier Viceiro Filgueira, Jesús Vicente Monzó, Jonathan Váquez Carrera, José Antonio Cantal Mariño.

Suplentes: Adolfo Caride Rodríguez, Raúl Cortés Franqueira.