Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2011 Páx. 9184

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2011, pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o ano 2011 das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao mercado alternativo bolsista (MAB), convocadas mediante Resolución do 17 de decembro de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 5, do 10 de xaneiro).

Mediante Resolución do 11 de maio de 2010 (DOG nº 96, do 24 de maio) procedeuse á publicación das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao mercado alternativo bolsista (MAB).

Posteriormente, mediante Resolución do 17 de decembro de 2010 (DOG nº 5, do 10 de xaneiro) procedeuse á convocatoria para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia competitiva e trámite anticipado de gasto, das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao mercado alternativo bolsista (MAB).

No seu punto cuarto establécese a súa dotación orzamentaria, así como que o director xeral do Igape poderá ampliar o crédito e modificar a partida orzamentaria, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas e tentando dar resposta á ampla demanda de axuda, semella oportuno incrementar o importe aprobado para as axudas establecidas nestas bases.

Por todo o anterior, e en virtude das facultades que teño conferidas

RESOLVO:

Único. Amplíase en 113.000 € para o exercicio 2011 o crédito establecido na partida orzamentaria E4/10/03-651700 para as axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao mercado alternativo bolsista (MAB), convocadas mediante Resolución do 17 de decembro de 2010 (DOG nº 5, do 10 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2011.

Joaquín Varela de Limia de Cominges
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica