Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2011 Páx. 9147

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2011, do tribunal designado para cualificar as probas de constatación da capacitación para o exercicio das actividades de transporte interior e internacional de mercadorías e de transporte interior e internacional de viaxeiros, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización dos exercicios.

En sesión do 13 de abril de 2011, o tribunal designado pola resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 24 de xaneiro de 2011 para cualificar as probas de constatación da capacitación para o exercicio das actividades de transporte interior e internacional de mercadorías e de transporte interior e internacional de viaxeiros,

ACORDOU:

Primeiro. Os exercicios da primeira convocatoria do ano 2011 das probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio de actividades de transporte terán lugar o 28 de maio de 2011 no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n, San Lázaro, Santiago de Compostela).

Segundo. Os/as aspirantes que fosen admitidos/as para a realización das probas serán citados/as en chamamento único segundo a seguinte distribución:

a) Transporte interior e internacional de mercadorías: todos eles/as ás 9.00 horas.

b) Transporte interior e internacional de viaxeiros: todos eles/as ás 16.00 horas.

Terceiro. Os/as aspirantes deberán presentarse provistos/as de DNI en vigor ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, tamén en vigor; a súa falta dará lugar á non-admisión do/a aspirante á realización das probas. Recoméndase igualmente aos/ás aspirantes que concorran provistos/as da copia da solicitude de admisión e da folla xustificativa do pagamento das taxas de exame.

Así mesmo, deberán dispor dun lapis do número 2 e goma de borrar para realizar o exame, de xeito que se poida efectuar a súa corrección mediante mecanismos automatizados. Poderán tamén levar máquinas calculadoras sen memoria RAM para realizar as operacións matemáticas que resulten necesarias.

Cuarto. Non se permitirá o acceso e tenza no recinto onde se realizarán os exercicios de teléfonos móbiles, axendas ou demais dispositivos de carácter electrónico, agás o indicado no punto anterior respecto das máquinas calculadoras. Do mesmo xeito, queda prohibido o acceso con calquera outro material ou instrumento do que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización das probas.

Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2011.

Antón García Río
Presidente do tribunal