Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2011 Páx. 9149

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 1 de abril de 2011 pola que se autoriza o cambio de denominación do centro público integrado de Maside na provincia de Ourense.

De conformidade co previsto no artigo 1.2 do Regulamento orgánico dos centros públicos integrados, aprobado polo Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, DOG do 26 de xaneiro, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Ourense.

Concello: Maside.

Código: 32006929.

Denominación anterior: Centro Público Integrado de Maside.

Nova denominación: Centro Público Integrado Terras de Maside.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria