Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2011 Páx. 9150

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de abril de 2011 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no próximo curso académico 2011-2012.

O Decreto 43/1989, do 2 de marzo, polo que se transforman os centros de ensinanzas integradas en institutos de educación secundaria e profesional e en centros residenciais docentes (DOG n.º 62, do 31 de marzo), na súa disposición derradeira primeira, faculta a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento e execución do disposto nel.

En consecuencia, e en virtude das facultade que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Condicións xerais

Artigo 1.

1. Convócanse prazas nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, para alumnado que curse os estudos que se indican nos centros que se detallan no anexo I, así como para todas aquelas ensinanzas postobrigatorias non universitarias que os ditos centros teñan autorizadas para o curso 2011-2012, tendo en conta que os ditos centros permanecerán pechados os fins de semana, tal como se estableza nas normas de réxime interno do centro (venres tarde a domingo tarde).

2. O número de prazas de residencia serán as correspondentes ás vacantes que se produzan para o curso 2011-2012 e faranse públicas no momento de se producir.

Artigo 2.

1. De conformidade co artigo 8 do Decreto 43/1989, do 2 de marzo (DOG do 31 de marzo de 1989), as prazas dos centros residenciais docentes levan implícita a admisión no instituto de educación secundaria creado ao abeiro do dito decreto, exceptuando os ciclos formativos, tanto medios como superiores.

2. No caso de que a solicitude se formule coa finalidade de cursar especialidades que non se impartan nos centros de educación secundaria a que se refire o punto anterior, a adxudicación de praza de residencia terá carácter provisional. A adxudicación farase definitiva cando o interesado presente, na secretaría do centro residencial docente respectivo, xustificante acreditativo de que foi admitido no centro en que se imparta a dita especialidade, que necesariamente ten que ser da mesma localidade que o centro residencial docente. Para estes efectos enténdese que o centro residencial docente da Coruña comprende as localidades de Culleredo e A Coruña.

3. A adxudicación, con carácter provisional, da praza de residencia permitiralle ao solicitante considerar como domicilio o centro residencial docente, para os únicos efectos de valoración por proximidade do domicilio no proceso de admisión de centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2011-2012. A certificación que se lle expida equivalerá á certificación do concello para os efectos da Orde do 17 de maio de 2007, pola que se regula o procedemento para a admisión de alumnos en bacharelato, e a Orde do 5 de xuño de 2007 que regula os ciclos formativos de grao medio e superior, en centros sostidos con fondos públicos.

Artigo 3.

1. Poderán concorrer a esta convocatoria todas aquelas persoas físicas que posúan a nacionalidade española ou sexan nacionais dun país membro da Unión Europea, e estranxeiros residentes en España no momento da solicitude de praza, que reúnan os requisitos académicos previstos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 4), e que desexen proseguir os seus estudos nos centros indicados no artigo anterior como residentes nos respectivos centros residenciais docentes, así como os actuais residentes dos centros residenciais docentes que rematen un nivel educativo ou ciclo, se desexan seguir como tales no seguinte nivel ou ciclo.

2. Para poder optar á praza de residencia os aspirantes deberán acreditar as circunstancias que impidan a súa escolarización nun centro sostido con fondos públicos. Con carácter xeral, esta circunstancia será a de non poder cursar os estudios solicitados por non haber un centro sostido con fondos públicos que imparta os ditos estudios, ben na localidade de residencia, ben nunha localidade próxima que permita, polos medios de comunicación da zona, un acceso diario con facilidade. Con carácter particular, e documentalmente acreditado, poderanse ter en conta outras circunstancias, como condicións de orfandade, fillos de emigrantes ou situacións familiares moi graves.

3. Se o limiar de renda familiar non excede o que se fixa no Real decreto 557/2010, do 7 de maio, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo do Ministerio de Educación para o curso 2010/2011 (BOE do 8 de maio de 2010), os residentes obterán praza gratuíta.

No caso de que o nivel de renda supere o citado limiar, nas porcentaxes que se indican, os residentes deberán aboar as seguintes contías anuais:

Os que o superen ata un 10%: 525,00 €.

Os que superen en máis dun 10% e ata un 20%: 805,00 €.

Os que superen en máis dun 20% e ata un 30%: 1.275,00 €.

Os que superen en máis dun 30%: 1.920,00 €.

O aboamento da participación económica poderase fraccionar ata nun máximo de tres prazos trimestrais anticipados.

CAPÍTULO II

Normas de procedemento

Artigo 4.

1. As solicitudes dos aspirantes formalizaranse de acordo co modelo que figura no anexo II da presente orde e dirixiranse ao director/a do centro residencial docente para o cal se solicita praza.

2. As solicitudes poderanse presentar directamente nos centros residenciais docentes ou en calquera dos lugares establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para estes efectos, os rexistros dos centros docentes non se considerarán incluídos dentro das dependencias enumeradas no artigo 38.4 da dita lei.

No caso de optar por presentar a súas solicitude nunha oficina de correos, farano en sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Establécese un período extraordinario na primeira quincena do mes de setembro para a presentación de solicitudes destinado ás ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación desta orde, así como para os ciclos formativos, e extraordinariamente no curso académico 2011/2012 para bacharelato.

4. Unha vez recibidas as solicitudes polos centros residenciais docentes, estes deberán cotexar a veracidade dos datos reflectidos na folla de solicitude, requirirán dos interesados a documentación que para tal efecto consideren necesaria e comprobarán que as follas de solicitude estean cubertas en todas as súas epígrafes.

5. Así mesmo, os aspirantes presentarán certificado de empadroamento da unidade familiar (segundo o artigo 10.1), cos datos obrigatorios e o n.º de habitantes do ente de poboación, ademais do certificado oficial de notas do curso escolar 2009/2010.

CAPÍTULO III

Selección de aspirantes

Sección 1.ª Requisitos académicos

Artigo 5.

1. Para poder optar ás prazas reguladas nesta orde será preciso o cumprimento dos requisitos exixidos para o efecto pola lexislación académica vixente para poder acceder ao curso que se solicite, sempre que non teña máis de dúas materias pendentes.

2. Sempre que se cumpran os requisitos académicos previstos no parágrafo anterior e que non variasen as circunstancias que motivaron a concesión, a renovación das prazas para os diferentes cursos dun mesmo nivel ou grao educativo producirase de xeito automático. Con respecto aos estudos universitarios, solicitarán praza só para o curso 2011/12, tendo en conta que o curso escolar durará o que se especifique no calendario escolar que esta consellería publicará no DOG proximamente e que, en todo caso, os centros residenciais docentes pecharán as súas portas antes do 30 de xuño de 2012.

Artigo 6.

1. Non se concederá praza de residencia para repetir curso.

Sección 2ª. Criterios de valoración para a concesión de praza

Artigo 7.

A valoración das solicitudes admitidas abranguerá dúas cualificacións: a socioeconómica e a académica.

Artigo 8.

A valoración socioeconómica obterase ao aplicar o baremo establecido de acordo cos seguintes criterios: renda familiar, composición do grupo familiar, condiciones de orfandade ou calquera outra situación familiar especial e o número de habitantes do lugar de residencia familiar.

Artigo 9.

1. Por renda familiar entenderase a suma dos ingresos obtidos por todos os membros computables, calquera que sexa a súa procedencia, no ano 2009, e entenderase que son ingresos de base da familia.

2. Os titulares de explotacións agropecuarias computarán como ingresos o valor dos produtos daquelas que sexan utilizadas para o seu propio consumo.

3. Os ingresos familiares dos solicitantes cuxos pais sexan españois residentes no estranxeiro poderanse consignar en moeda propia do país en que se obteñan; o cálculo do seu contravalor en euros farase aplicando o tipo oficial que dea un resultado menor e que tivese a moeda respectiva en 2 de xaneiro do ano en que se solicite a axuda, e computarase tan só un 75% deste.

4. De conformidade cos artigos 95.1, epígrafe k e 95.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, na solicitude de admisión os pais, nais ou titores legais autorizarán expresamente a utilización de información de carácter tributario que se precisa para a acreditación da renda anual da unidade familiar, que será subministrada directamente á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, a través de medios informáticos ou telemáticos, no marco de colaboración entre ambas. A dita información será a que corresponda ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural en que se presenta a solicitude (2009).

Polo tanto, aquelas persoas interesadas que non presenten a autorización expresa para que a Axencia Estatal de Administración Tributaria lle subministre á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a información a que se refire o punto anterior, terán cero puntos neste criterio de valoración.

Artigo 10.

1. Consideraranse membros da unidade familiar:

O solicitante, o pai , a nai e os irmáns menores de idade que convivan no domicilio familiar ou os de maior idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

2. No caso de divorcio ou separación legal dos pais non se considerará membro computable aquel dos pais que non conviva co solicitante, sen prexuízo de que nos ingresos de base de familia se inclúa a súa contribución económica.

Non obstante, terá a consideración de membro computable, de ser o caso, o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade, tendo que incluír a súa renda e o seu patrimonio.

3. Nos casos en que o solicitante alegue a súa independencia familiar, calquera que sexa o seu estado civil, deberá acreditar suficientemente esta circunstancia e o seu domicilio, así como o pagamento do aluguer da vivenda, se é o caso, e dos medios económicos con que conta. De non xustificar suficientemente estes datos, a solicitude será sometida a exame pormenorizado con comprobación da renda e da situación real do solicitante.

Artigo 11.

1. Ao cociente que resulte de dividir os ingresos anuais polo número de membros da unidade familiar adxudicaráselle a seguinte puntuación:

Puntos

Ata 4.265,00 €

10

De 4.265,01 a 4.840,00

8

De 4.840,01 a 5.420,00

7

De 5.420,01 a 5.992,00

6

De 5.992,01 a 6.620,00

5

De 6.620,01 a 7.145,00

4

De 7.145,01 a 7.726,00

3

De 7.726,01 a 8.300,00

2

De 8.300,01 a 8.878,00

1

Máis de 8.878,00 €

0

2. Engadirase 0,50 puntos por cada un dos irmáns residentes no mesmo centro residencial docente a que aspire o solicitante.

3. Engadirase 0,50 puntos por cada un dos irmáns, incluído o solicitante, que integre o grupo familiar.

4. Aos aspirantes en situación de orfandade incrementaráselles a puntuación en 10 puntos; en 15 se se trata de orfandade absoluta.

5. Aos aspirantes con circunstancias familiares especiais engadiránselles ata 5 puntos. Consideraranse neste punto situacións tales como violencia de xénero no ambiente familiar; fillos/as de españois residentes no estranxeiro; familias con membros diminuídos física, psíquica ou sensorialmente, sempre que da incapacidade derive a imposibilidade de obter ingresos de natureza laboral; cando o cabeza de familia sexa inválido ou estea afectado por enfermidade permanente que o imposibilite para o traballo, e que a súa única fonte de ingresos sexa a pensión percibida pola dita invalidez ou que estea en situación de paro, sen percepción do subsidio de desemprego, e existan dificultades de escolarización que valorará o tribunal cualificador.

6. En atención ao número de habitantes da entidade singular de poboación en que resida a familia, engadiranse os seguintes puntos, de acordo co previsto no artigo 9.

Puntos

Entidades de menos de 1.000 habitantes

5

Entidades de 1.001 a 2.000 habitantes

4

Entidades de 2.001 a 5.000 habitantes

3

Entidades de 5.001 a 10.000 habitantes

2

Entidades de 10.001 a 20.000 habitantes

1

Entidades de máis de 20.000 habitantes

0

7. As xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderán propoñer á consideración do tribunal cualificador casos concretos de solicitantes que presenten unha problemática excepcional ou que residan en zonas con grandes dificultades de escolarización. A comisión de valoración, considerando esta circunstancias, poderalles outorgar a estes aspirantes unha puntuación adicional de ata un máximo de 10 puntos.

Artigo 12.

O rendemento académico dos aspirantes valorarase numericamente pola nota media das disciplinas correspondentes ao curso 2009/2010, e para efectos do cómputo da nota media utilizarase a seguinte táboa de equivalencias:

Puntos

Moi deficiente ou non presentado

1

Insuficiente ou non apto

3

Suficiente, apto ou validado

5,5

Ben

6,5

Notable

7,5

Sobresaliente

9

CAPÍTULO IV

Adxudicación de prazas de residencia

Artigo 13.

Os centros residenciais docentes remitirán á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, con anterioridade ao 10 de maio do ano que andamos, o número de vacantes co fin de que a comisión de valoración poida aplicar os criterios para a súa cobertura.

Artigo 14.

A comisión de valoración das solicitudes estará composta por:

Presidente: o director xeral de Centros e Recursos Humanos, ou persoa en quen delegue.

Vogais:

–Un representante de cada un dos centros residenciais docentes.

–Un representante do Servizo de Recursos Educativos Complementarios das xefaturas territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas provincias da Coruña, Ourense ou Pontevedra.

–Un representante da Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

–Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario.

Artigo 15.

1. A comisión de valoración, á vista das solicitudes presentadas e do número de prazas dispoñibles, establecerá unha nota mínima, tanto na fase de valoración socioeconómica como na valoración académica, para cada un dos cursos nos niveis ou graos que os solicitantes vaian realizar. A comisión de valoración excluirá os aspirantes que non acaden as ditas notas mínimas, e comunicarállelo antes de finalizar o mes de xuño do ano que andamos.

2. Só os solicitantes que acaden as puntuacións mínimas na valoración socioeconómica e académica establecidas pola comisión de valoración terán acceso á fase de selección.

3. A puntuación total obterase da suma das valoracións socioeconómica e académica.

Artigo 16.

1. Antes do 1 de xullo, a comisión de valoración elevará á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos proposta de concesión das prazas de residencia, así como relación de solicitantes declarados suplentes para cubrir as vacantes que se produzan, con indicación de se a gratuidade da praza é total ou parcial, e sinalará, así mesmo, o importe que se aboará establecido no artigo 3.3 desta orde.

De acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución provisional da convocatoria comunicaráselles aos interesados e aos centros, e daráselles aos interesados un prazo de reclamación de 15 días, desde a data de notificación desa resolución.

As reclamacións serán resoltas no prazo de quince días naturais pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

2. Antes do 20 de xullo, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos resolverá con carácter definitivo a convocatoria das prazas de residencia, que lles será comunicada aos interesados indicando a decisión adoptada sobre as súas solicitudes. A resolución definitiva farase pública no taboleiro de anuncios dos respectivos centros residenciais docentes e na páxina web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no enderezo: http://www.edu.xunta.es. Aos admitidos con praza e os suplentes indicaráselles o centro asignado.

No caso de non producirse resolución expresa no prazo de seis meses, as solicitudes entenderanse desestimadas.

3. Na mesma data remitirase aos centros residenciais docentes a relación de residentes que obteñen praza neles, así como os suplentes que se nomeasen para cubrir as posibles vacantes que se produzan.

Artigo 17.

As prazas de residencia convocadas para cada centro cubriranse tendo en conta a puntuación total obtida polos aspirantes e a localización do seu domicilio en relación coa dos centros residenciais docentes respectivos e as posibilidades de desprazamento aos seus domicilios, co obxecto de facilitar a convivencia familiar durante os días non lectivos, fins de semana e vacacións.

CAPÍTULO V

Comprobación de requisitos

Artigo 18.

Os centros residenciais docentes poñeranse en contacto cos residentes titulares e suplentes que lles fosen destinados, e reclamaranlle a documentación necesaria para verificar o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria.

CAPÍTULO VI

Recursos

Artigo 19.

Contra a resolución de adxudicación definitiva de prazas de residencia os interesados poderán interpoñer un recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación. Contra a resolución do recurso de alzada os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo.

CAPÍTULO VII

Incorporación dos alumnos seleccionados

Artigo 20.

1. Os centros residenciais docentes, unha vez coñecidos os residentes titulares que se van incorporar por reunir os requisitos exixidos na convocatoria e por aceptar a praza, procederán a avisar aos suplentes por orde de lista para cubrir as vacantes que se producisen. Para tal efecto formularán consulta previa á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para coñecer se hai que reservar praza para algún aspirante unha vez resoltas as posibles reclamacións recibidas.

2. Aos suplentes que non pasen a titulares seralles comunicada esta circunstancia polos respectivos centros residenciais docentes.

3. Queda absolutamente prohibida a incorporación de residentes non beneficiarios mentres non se esgote a relación de residentes que superasen as notas mínimas.

4. Os residentes incorporados quedarán suxeitos ás normas de réxime interno do centro.

5. O estado de saúde do residente, que se acreditará documentalmente no momento da incorporación ao centro, deberá permitir o normal desenvolvemento da vida residencial ou docente, se é o caso (deberase achegar certificado médico oficial).

6. Os residentes que non se incorporen aos centros residenciais docentes nas datas que cada centro sinale para o inicio do curso escolar non poderán beneficiarse da praza de residencia, e perderán os seus dereitos, salvo nos casos de forza maior, apreciados polo director, oído o consello de residencia.

7. As normas de incorporación serán elaboradas polos respectivos centros residencias docentes, que deberán poñelas en coñecemento dos seus residentes con 10 días de antelación. Cada centro enviará copia das súas normas de incorporación á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no momento do seu envío ós residentes.

8. Cada centro residencial docente será responsable de que todos os residentes que efectúen a súa incorporación reúnan os requisitos exixidos na convocatoria, segundo o establecido no artigo 22.

Artigo 21.

A falsidade de datos ou a falsificación de documentos que se presenten, calquera que sexa o momento en que se demostre a inexactitude, terá como consecuencia a perda total dos dereitos do solicitantes, sen prexuízo doutras responsabilidades que procedesen, logo da apertura do correspondente expediente.

Artigo 22.

1. A perda da condición de alumno do centro onde debía cursar os estudos para os cales lle foi concedida a praza determinará a perda da condición de residente do centro residencial docente.

2. Igualmente, deixaranse de desfrutar as prazas como consecuencia de sanción disciplinaria, baixo rendemento académico ou faltas reiteradas de asistencia a clase, sen xustificar, de acordo coa normativa vixente, logo do oportuno expediente.

Disposición adicional primeira.

Os estudantes que non teñan concedida praza poderán beneficiarse dalgún ou varios dos servizos de residencia, sempre que exista dispoñibilidade para iso, mediante o aboamento do seu importe, de acordo coas cantidades fixadas para os residentes que excedan os módulos máximos. Nese caso, a utilización dos ditos servizos suporá o compromiso tácito do estrito cumprimento da normativa de convivencia establecida polos respectivos centros residenciais docentes.

Disposición adicional segunda.

Co obxecto de facilitar a convivencia familiar dos residentes e tendo en conta as posibilidades e duración dos desprazamentos, os centros programarán estes durante as fins de semana e grupos de días festivos coa periodicidade aconsellable. En todo caso, os gastos de desprazamento serán por conta dos propios residentes.

Disposición adicional terceira.

Estas prazas poderán ser compatibles coa axuda compensatoria e a axuda para gastos determinados por razón de material escolar da convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo.

Disposición adicional cuarta.

Para o curso 2011/2012, e de xeito excepcional, sempre que queden prazas vacantes a partir do 30 de setembro, estas poderán ser cubertas con alumnado universitario, facendo efectivo o seu pagamento tal como se indica no artigo 3, punto 3 da presente orde.

Disposición adicional quinta.

En todo o non previsto pola presente orde serán de aplicación as normas vixentes en materia de bolsas e axudas ao estudo.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar as medidas necesarias para o cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda.

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2011

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Centro Residencial Docente da Coruña

Centro

Bacharelato LOXSE

Ciclos grao medio

Ciclos grao superior

IES Universidade Laboral

-Humanidades e ciencias sociais

-Ciencias e tecnoloxía

-Pesca e transporte marítimo

-Operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque

-Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatiza

ción e produción de calor

-Instalacións eléctricas e automáticas

-Instalacións de comunicacións

-Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos

-Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

-Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos

-Animación de actividades físicas e deportivas

-Desenvolvemento de produtos electrónicos

-Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque

-Navegación, pesca e transporte marítimo

-Instalacións electrotécnicas

-Prevención de riscos profesionais

IES Urbano Lugrís

-Humanidades e ciencias sociais

-Ciencias e tecnoloxía

-Equipamentos electrónicos de consumo

-Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas

-Sistemas de telecomunicación e informáticos

-Sistemas de regulación e control automáticos

-Desenvolvemento de produtos electrónicos

-Instalacións electrotécnicas

IES Fernando Wirtz Suárez

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Xestión administrativa

-Sistemas microinformáticos e redes

-Administración e finanzas

-Desenvolvemento de aplicacións informáticas

-Secretariado

-Administración de sistemas informáticos en rede

CIFP Ánxel Casal

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Farmacia e parafarmacia

-Coidados auxiliares de enfermaría

-Atención sociosanitaria

-Educación infantil

-Hixiene bucodental

-Interpretación da lingua de signos

-Anatomía patolóxica y citoloxía

-Dietética

-Imaxe para o diagnóstico

-Laboratorio de diagnóstico clínico

-Próteses dentais

-Integración social

-Audioloxía protésica

-Radioterapia

-Saúde ambiental

-Animación sociocultural

CIFP Someso

-Fabricación a medida e instalación de carpintaría e moble

-Electromecánica de vehículos

-Mecanizado

-Perrucaría

-Estética persoal decorativa

-Carrozaría

-Soldadura e caldeirería

-Programación da produción e fabricación mecánica

-Produción de madeira e moble

-Automoción

-Estética

-Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas

-Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción

-Realización e planos de obra

IES Adormideras

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Artes

IES Monte das Moas

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

IES Imaxe e Son

-Imaxe

-Son

-Produción de audiovisuais, radio e espectáculos

-Realización de audiovisuais e espectáculos

IES n.º 1

A Sardiñeira

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Laboratorio

-Laboratorio de análise e control de calidade

-Química industrial

IES Eusebio da Guarda

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Axencias de viaxes e xestión de eventos

-Guía de información e asistencia turísticas

IES Agra do Orzán

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Animación de actividades físicas e deportivas

IES Paseo das Pontes

-Humanidades e ciencias sociais

-Ciencias e tecnoloxía

-Cociña e gastronomía

- Servizos en restauración

- Confección e moda

- Restauración

- Industria alimentaria

- Patronaxe e moda

IES Ramón Menéndez Pidal

-Ciencias e tecnoloxía

- Humanidades e ciencias sociais

-Comercio

-Xestión comercial e marketing

-Comercio internacional

Centro

Estados superiores

Ciclos medios

Ciclos superiores

Escola de arte “Pablo Picasso”

-Deseño de interiores

-Volume

-Deseño gráfico

-Dourado e policromía

-Gráfica publicitaria

-Proxectos e dirección de obras de decoración

-Cerámica artística

-Ilustración

-Artes aplicadas da escultura

-PS fotografía artística

Conservatorio de música superior

Todos os instrumentos autorizados

CEE Nosa Señora do Rosario

Todas as ensinanzas autorizadas

Centros privados concertados

Ciclos medios

Ciclos superiores

Cervantes

Xestión administrativa

Comercio

Cruz Roja Española

Coidados auxiliares de enfermaría

Farmacia

Imaxe para o diagnóstico

Hogar de Santa Margarita

Comercio

Karbo

Xestión administrativa

Comercio

Liceo La Paz

Coidados auxiliares de enfermaría

Xestión administrativa

López y Vicuña

Xestión administrativa

Comercio

Educación infantil

Nebrija

Xestión administrativa

Coidados auxiliares de enfermaría

Farmacia

Comercio

San Andrés

Xestión administrativa

Caixa Galicia

Secretariado

Administración e finanzas

Desenvolvemento de aplicacións informáticas

Centro Residencial Docente de Ourense

Centro

Bacharelato LOXSE

Ciclos grao medio

Ciclos grao superior

IES Universidade Laboral

-Artes

-Humanidades e ciencias sociais

-Ciencias e tecnoloxía

-Electromecánica de vehículos

-Carrozaría

-Montaxe e mantemento de instalacións de frío e produción de calor

-Automoción

-Mantemento de equipamento industrial

IES Portovello

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Artes

-Xestión administrativa

-Comercio

-Atención sociosanitaria

-Administración e finanzas

-Educación infantil

-Xestión comercial e marketing

-Integración social

-Secretariado

IES 12 de Outubro

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Instalacións eléctricas e automáticas

-Mecanizado

-Perrucaría

-Estética persoal decorativa

-Estética

-Instalacións electrotécnicas

-Programación de produción en fabricación mecánica

IES A Carballeira

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Coidados auxiliares de enfermaría

-Sistemas microinformáticos e redes

-Desenvolvemento de aplicacións informáticas

-Dietética

-Saúde ambiental

-Administración de sistemas informáticos en rede

-Laboratorio de diagnóstico clínico

CIFP A Farixa

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Equipamentos electrónicos de consumo

-Desenvolvemento de produtos electrónicos

-Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción

-Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas

-Sistemas de telecomunicación e informáticos

-Guía información e asistencia turísticas

-Produción de audiovisuais, radio e espectáculo

IES As Lagoas

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Animación de actividades físicas e deportivas

IES Xulio Prieto Nespereira

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

Centro

Estudios

Ciclos medios

Ciclos superiores

Escola de arte Antonio Faílde

-Deseño gráfico

-Deseño de interiores

-Ebanistaría artística

-Proxectos e dirección de obras de decoración

-Gráfica publicitaria

-Fotografía artística

-Ilustración

-Moblaxe

Centros privados concertados

Ciclos medios

Ciclos superiores

San Martín

Xestión administrativa

Coidados auxiliares de enfermaría

Santo Cristo

Coidados auxiliares de enfermaría

Farmacia

Comercio

Perrucaría

Xestión administrativa

Valle Inclán

Comercio

Xestión administrativa

Centro Residencial Docente de Vigo

Centro

Bacharelato LOXSE

Ciclos grao medio

Ciclos grao superior

IES Manuel Antonio

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Confección e moda

-Cociña e gastronomía

-Servizos en restauración

-Laboratorio

-Panadaría, repostaría e confeitaría

-Anatomía patolóxica e citoloxía

-Laboratorio de análise e control de calidade

-Laboratorio de diagnóstico clínico

-Química ambiental

-Próteses dentais

-Restauración

IES “Carlos Casares”

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

IES Ricardo Mella

-Ciencias e tecnoloxía

-Xestión administrativa

-Coidados auxiliares de enfermaría

-Instalacións de comunicacións

-Administración e finanzas

-Desenvolvemento de produtos electrónicos

-Saúde ambiental

-Sistemas de telecomunicación e informáticos

-Secretariado

-Imaxe para o diagnóstico

IES Teis

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Perrucaría

-Estética persoal e decorativa

-Sistemas microinformáticos e redes

-Administración de sistemas informáticos en rede

-Desenvolvemento de aplicacións informáticas

-Estética

IES N.º1 de Vigo (Politécnico)

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Artes

-Mecanizado

-Instalacións eléctricas e automáticas

-Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas.

-Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción

-Programación da produción en fabricación mecánica

-Sistemas de regulación e control automático

-Instalacións electrotécnicas

-Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas

-Mantemento de equipamento industrial

-Prevención de riscos profesionais

-Realización e planos de obra

IES A Guía

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

-Comercio

-Comercio internacional

-Animación de actividades físicas e deportivas

-Xestión comercial e marketing

IES Valentín Paz Andrade

-Humanidades e ciencias sociais

-Fabricación a medida e instalación de carpintaría e moble

-Electromecánica de vehículos

-Carrozaría

-Soldadura e caldeiraría

-Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor

-Axencias de viaxes e xestión de eventos

-Automoción

-Guía de información e asistencia turísticas

-Desenvolvemento de produtos de carpintaría e moble

-Construcións metálicas

-Mantemento e montaxe de instalacións térmicas e de fluídos

IES “Audiovisual

-Son

-Produción de audiovisuais, radio e espectáculos

IES “Alexandre Bóveda

-Ciencias e tecnoloxía

-Humanidades e ciencias sociais

Conservatorio de música superior

Centros ensinanzas artísticas superiores

Todos os instrumentos autorizados

Todas as ensinanzas autorizadas

Centros privados concertados

Ciclos medios

Ciclos superiores

Aloya

Xestión administrativa

Cociña

Secretariado

Administración e finanzas

Restauración

Cebem

Xestión administrativa

Secretariado

Administración e finanzas

Desenvolvemento de aplicacións informáticas

Colegio Hogar Caixanova

Preimpresión artes gráficas

Equipamentos electrónicos de consumo

Mecanizado

Equipamentos e instalacións electrotécnicas

Soldadura e caldeiraría

Impresión en artes gráficas

Sistemas de regulación e control automático

Produción por mecanizado

Desenvolvemento de produtos electrónicos

Daniel Castelao

Xestión administrativa

Equipamentos electrónicos de consumo

Instalacións eléctricas e automáticas

Comercio

Administración e finanzas

Desenvolvemento de aplicacións informáticas

Administración de sistemas informáticos

Divino Maestro

Xestión administrativa

Coidados auxiliares de enfermaría

Mendiño

Xestión administrativa

Coidados auxiliares de enfermaría

Comercio

Montecastelo

Instalacións eléctricas e automáticas

Desenvolvemento de produtos electrónicos

San Miguel

Xestión administrativa

Comercio

Equipamentos electrónicos de consumo

Coidados auxiliares de enfermaría

Vivas

Xestión administrativa

Coidados auxiliares de enfermaría

Farmacia

Desenvolvemento de aplicacións informáticas

Administración e finanzas

San José de la Guía

Educación infantil

Integración social

Fillas de María Inmaculada

Comercio