Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 12 de maio de 2011 Páx. 9181

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de abril de 2011 pola que se modifica a autorización do centro privado Caixanova, do concello de Vigo (Pontevedra).

O representante legal do centro privado Caixanova, do concello de Vigo (Pontevedra), solicita o cambio de titularidade e de denominación do devandito centro.

O 29 de novembro de 2010 autorízase a escritura de constitución da Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra (Novacaixagalicia), por fusión das entidades Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra (Caixanova) e Caixa de Aforros de Galicia, Caixa Galicia, que se extinguen.

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra envía o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o cambio de titularidade do centro privado Caixanova, código 36010496, a favor de Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra (Novacaixagalicia).

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Segundo. Autorizar o cambio de denominación que pasa a ser CPR Novacaixagalicia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria