Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 11 de maio de 2011 Páx. 8829

I. Disposicións xerais

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Decreto 74/2011, do 14 de abril, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de educación (LOE), en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro no devandito decreto publicado no Diario Oficial de Galicia n.º 88, do venres, 6 de maio de 2011, cómpre facer a seguinte corrección:

No sumario e na páxina 7.921 o dito decreto sae publicado baixo a epígrafe da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza cando debería saír baixo a epígrafe da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.