Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2011 Páx. 8594

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

RECURSO de inconstitucionalidade número 8260-2010.

O Pleno do Tribunal Constitucional por Auto do 12 de abril actual, no recurso de inconstitucionalidade número 8260-2010, promovido polo avogado do Estado, en representación do presidente do Goberno, acordou levantar a suspensión do artigo 2, puntos un; dous, número 2; cinco e dez, números 1, 2 e 3 e dos artigos 3 a 9 da Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, suspensión que se produciu coa admisión do mencionado recurso e que foi publicada no Boletín Oficial del Estado número 310, do 22 de decembro de 2010.

Madrid, doce de abril de dous mil once.

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno