Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2011 Páx. 7653

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 3 de maio de 2011, da Xunta Electoral Provincial da Coruña, polo que se fai pública a distribución de espazos gratuítos nos medios de comunicación de titularidade pública a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións convocadas polo Real decreto 424/2011, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día 2 do presente mes e aprobada por esta xunta electoral provincial o día seguinte.

En cumprimento do previsto na Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da LOREX no relativo ás garantías de respecto aos principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa polos medios de comunicación en período electoral, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de que, por acordo desta xunta electoral provincial do día da data, foi aprobada a proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade publica, efectuada pola Comisión de Radio e Televisión o día dous de maio a favor das entidades políticas concorrentes ás eleccións locais.

As entidades políticas que se consideren afectadas poden examinar a dita proposta e os seus antecedentes na Secretaría desta xunta, no prazo preclusivo do día seguinte ao da publicación do acordo, e formular ante esta xunta electoral, dentro do mesmo prazo, o recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 3 de maio de 2011.

Fco. Manuel Ferreiro González
Secretario