Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2011 Páx. 7654

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 29 de abril de 2011, da Xunta Electoral Provincial da Coruña, polo que se fai pública a composición da Comisión de Radio e Televisión, con motivo das eleccións locais convocadas polo Real decreto 424/2011, do 28 de marzo.

A Xunta Electoral Provincial, en sesión do 29 de abril de 2011, acordou a publicación da composición da Comisión de Radio e Televisión a que se refire o artigo 65 da LOREG, á cal corresponde, baixo a dirección desta xunta, efectuar a proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, en relación coas eleccións que se celebrarán o próximo 22 de maio.

Unha vez aceptados os cargos dos representantes designados por cada formación política que, concorrendo ás referidas eleccións, ten representación no Congreso dos Deputados, a composición da Comisión de Radio e Televisión é a seguinte:

Ana Isabel Peón Piñeiro (Partido Popular): vogal-presidenta.

Roberto Cid González (Partido dos Socialistas de Galicia-Partido Socialista Obrero Español): vogal-secretario.

Gonzalo Henrique Castro Pardo (Bloque Nacionalista Galego): vogal.

A Coruña, 29 de abril de 2011.

Manuel Ferreiro González
Secretario da Xunta Electoral Provincial da Coruña