Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 3 de maio de 2011 Páx. 7559

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de Biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes, e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8º.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación, e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na comunidade autónoma, a homologación deses cursos, e no seu artigo 9º a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique, no Diario Oficial de Galicia, a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública, do Ministerio de Sanidade e Política Social, e de Agricultura, do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Sanea Control, S.L.

3. Data.

Do 9 ao 20 de maio de 2011.

4. Lugar de realización.

Instalacións de TRAGSATEC.

Vía Pasteur 29-31, polígono do Tambre.

15890 Santiago de Compostela (A Coruña).

5. Número de prazas.

30 alumnos.

6. Dirixido a.

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa.

Día 9-5-2011:

15.30-16.30 horas. Introdución. Lexislación.

16.30-18.30 horas. Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

18.30-19.45 horas. Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Día 11-5-2011:

15.30-17.00 horas. Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

17.00-19.45 horas. Métodos de loita antivectorial.

Día 18-5-2011:

15.30-18.15 horas. Técnicas de aplicación de praguicidas.

18.15-19.45 horas. Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por praguicidas.

Día 19-5-2011:

15.30-16.45 horas. Riscos para o home derivados do uso dos praguicidas.

16.45-17.45 horas. Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de praguicidas.

17.45-18.45 horas. Praguicidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

18.45-19.45 horas. Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

Día 20-5-2011:

15.30-16.30 horas. Preparación de disolucións de produtos.

16.30-17.30 horas. Exercicios prácticos.

17.30-18.30 horas. Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

18.30-19.30 horas. Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente, co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2011.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 9 ao 20 de maio de 2011.

Lugar de realización do curso:

Instalacións de TRAGSATEC.

Vía Pasteur 29-31, polígono do Tambre.

15890 Santiago de Compostela (A Coruña).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 15.30 ás 19.45 horas.

Nº de prazas: 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

NOME:

APELIDOS:

CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA:

EMPRESA:

SECTOR ACTIVIDADE

ENDEREZO:

CP:

LOCALIDADE:

PROVINCIA:

TELEFONO:

FAX:

CORREO ELECTRÓNICO: