Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2011 Páx. 7505

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2011 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Computación de Altas Prestacións (máster universitario conxunto das universidades da Coruña e Santiago de Compostela)

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 11 de febreiro de 2011 (publicado no BOE do 16 de marzo de 2001 por resolución do secretario de Estado de Universidades do 25 de febreiro de 2011).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Computación de Altas Prestacións (máster universitario conxunto das universidades da Coruña e Santiago de Compostela), que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2011.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Plan de estudos de máster universitario en computación
de altas prestacións

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela (coordinadora), Universidade da Coruña.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

42

Optativas

6

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Arquitectura e tecnoloxía de computadores

3

Obrigatorio

Obrigatorio

Arquitectura e tecnoloxía de supercomputadores

6

Obrigatorio

Programación paralela

6

Obrigatorio

Técnicas de optimización e paralelización

6

Obrigatorio

Software de base para supercomputación

3

Obrigatorio

Computación científica e simulación de altas prestacións

6

Obrigatorio

Computación de sistemas distribuídos

3

Obrigatorio

Administración de sistemas I

3

Obrigatorio

Taller de proxectos

6

Obrigatorio

Computación científica en arquitecturas emerxentes

3

Optativo

Optativo

Depuración de programas e análise de rendemento

3

Optativo

Administración de sistemas II

3

Optativo

Administración de instalacións de supercomputación

3

Optativo

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster