Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2011 Páx. 7500

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2011 pola que se dá publicidade ás bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2010, pola que se aproban as axudas que rexerán a convocatoria de bolsas de apoio á formación en tarefas de investigación de titulados superiores no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia número 2, do 4 de xaneiro).

A orde da Consellería do Medio Rural do 28 de decembro de 2010 aproba as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de apoio á formación en tarefas de investigación de titulados superiores no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e procede á súa convocatoria para o ano 2011.

De acordo co disposto na citada orde, as axudas desenvolveranse dentro dos seguintes campos de investigación:

a) Mellora xenética forestal.

b) Caracterización molecular de especies forestais.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada pola comisión de selección de acordo cos criterios de selección establecidos no artigo 8, e do previsto no punto 2 do artigo 9 das bases da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Aceptar a renuncia á solicitude de concesión dunha bolsa de formación a Eva M.ª Prada Ojea.

Segundo.-Concederlles as dúas bolsas de apoio á formación en tarefas de investigación de titulados superiores no Centro de Investigación Forestal de Lourizán ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución.

Terceiro.-A aceptación da axuda farase mediante documentos asinados polo beneficiario. A non observancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda dos dereitos a percibir a axuda correspondente.

Cuarto.-Os aspirantes seleccionados incorporaranse, tras a súa aceptación da axuda, nos dez (10) días naturais seguintes ao da notificación da concesión.

Quinto.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas a que se refire o anexo I, a Dirección Xeral de Montes poderá adxudicar a correspondente bolsa a outro dos candidatos de acordo coa lista de suplentes que figura no anexo II desta resolución e por orde de puntuación.

Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estimar a interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2011.

P.D. (Orde 28-12-2010, DOG n.º 2, do 4 de xaneiro de 2011)
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Montes

ANEXO I
Relación de bolseiros de apoio á formación en tarefas de investigación
de titulados superiores no Centro de Investigación Forestal de Lourizán

a) Mellora xenética forestal a:

Nº orde

Solicitante

DNI

1

Villar Gutiérrez, Manuel

72075066-N

Titora: Doutora Raquel Díaz Vázquez

b) Caracterización molecular de especies forestais a:

Nº orde

Solicitante

DNI

1

Fernández Cruz, Javier

36104655-Z

Titora: Doutora Josefa Fernández López

ANEXO II
Relación de suplentes das bolsas de Lourizán, por orde de prelación, para cubrir as vacantes que se poidan producir por non aceptación ou renuncia dalgunha das bolsas concedidas

a) Mellora xenética forestal:

Nº orde

Solicitantes

DNI

1

Méndez Pérez, Noelia

53192032-R

2

Menéndez Gutiérrez, María

71654107-E

b) Caracterización molecular de especies forestais:

Nº orde

Solicitantes

DNI

1

Domínguez García, Sara

36139556-R

2

González Fernández, Noelia

36150116-G

3

Justo Pérez, Manoel Alexandre

53182468-M

4

Villar Gutiérrez, Manuel

72075066-N

5

Méndez Pérez, Noelia

53192032-R

6

Torrijos Pérez, Verónica

35480696-E

7

Martínez Hermida, Flora Mª

53115451-X

8

González da Barca, Mercedes

53118342-A

9

Núñez Seijo, Paula

53182456-Q

10

Menéndez Gutiérrez, María

71654107-E

11

García Moroño, Carmen

35477733-A

12

González Vicente, Ruth

36146226-R

13

Suárez Álvarez, Mª Vanesa

47365312-D