Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2003 Páx. 16.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de trazado da autovía Ferrol-Vilalba, treito: núcleo urbano As Pontes de García Rodríguez-Cabreiros, clave GA/00/77.1, termo municipal de Xermade.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 25 de xuño de 2003, procédese á aprobación do proxecto de trazado da autovía Ferrol-Vilalba, treito: núcleo urbano As Pontes de García Rodríguez-Cabreiros, clave GA/00/77.1, polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con do data 24 de xullo de 2003, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 338/2003, publicado no DOG nº 152, do 7 de agosto de 2003.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, a data e a hora que se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados

da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Xermade:

Día: 4 de febreiro de 2004.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

De: Alonso Ramos, Beatriz a Franco Castro, Alfonso.

Día: 5 de febreiro de 2004.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

De: Gato Fernández, Manuel a Paz Carballeira, Emiliano.

Día: 6 de febreiro de 2004.

Horario: das 9.30 ás 13.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.

De: Paz Carballeira, Jesús a Vivero Prieto, Julio.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de Xermade e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Lugo (Edif. Adtvo. Ronda da Muralla, 70).

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo ir acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 11 de decembro de 2003.

Gerardo Pallares Sánchez

Xefe do Servicio de Estradas