Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Mércores, 31 de decembro de 2003 Páx. 16.391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 3 de decembro de 2003 pola que se declara a alienabilidade dunha parcela situada no p.k. 52,800 da estrada AC-241, da Ponte Ulla a Pontevea, no termo municipal de Vedra (A Coruña).

Polo Decreto 229/2003, do 11 de abril (DOG nº 81, do 28 de abril), desafectouse, entre outros, un inmoble da Comunidade Autónoma de Galicia, situado en Vedra (A Coruña), transferido en virtude do Real decreto 3317/1982, do 24 de xullo (BOE nº 291, do 4 de decembro), modificado polo Real decreto 2708/1983, do 21 de setembro (BOE nº 255, do 25 de outubro), sobre transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente Rexistro da Propiedade do ben inmoble a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe a continuación:

Predio rústico, situado no punto quilométrico 52,800 da estrada AC-241, da Ponte Ulla a Pontevea, marxe dereita, no termo municipal de Vedra (A Coruña), dunha superficie aproximada de 112 m. Estrema: ó norte, ó leste e ó oeste, con predio de María del Carmen Carrillo López, e ó sur, coa estrada AC-241 da Ponte Ulla a Pontevea.

Está inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela, no tomo 1421, libro 127 do Concello de Vedra, folio 32, predio número 13.633, inscrición 1ª. Referencia catastral 150900000050702077KG.

A parcela descrita valórase en mil cento vinteoito euros con noventa e seis céntimos (1.128,96 euros).

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2003.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda