Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do 1º sector do SUNP-37 (Costa Vella).

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na súa sesión do 25 de setembro de 2003, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do 1º sector do SUNP-37 (Costa Vella), redactada pola Empresa Municipal da Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa).

O acto da aprobación definitiva da citada modificación do Plan parcial foi comunicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data o 3 de novembro de 2003, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

De acordo co sinalado no artigo 92.2º da citada lei, publicouse no BOP número 263, o día 15 de novembro de 2003, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde