Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.
Denominación: pase a subterránea da L.M.T. ponte de San Francisco.
Situación: Ribadavia.
Características técnicas: liña subterránea e entubada no seu cruzamento pola ponte de San Francisco, a 20 kV de 320 m de lonxitude desde a L.M.T. subterránea ó C.T. S. Francisco ata a L.M.T. subt. existente ó C.T. Magdalena.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Ourense, 13 de novembro de 2003.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense