Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Santa Comba, S.L.
Domicilio social: Miraflores, 20 baixo, 15841 Santa Comba.
Denominación: L.M.T.S. bucle As Fariñas I, O Papamoscas.
Situación: Santa Comba.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 650 m de lonxitude, en conductor R.H.Z.1, de 150 mm Al, que unirá os CC.TT. As Fariñas I (expediente 534/2001) e O Papamoscas (expediente 106/2001). Concello de Santa Comba.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Mone
los, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 21 de novembro de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña