Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, con data do 4 de xuño de 2003, o alleamento en pública poxa dos bens inmobles embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Vigo como da propiedade do debedor Jaifer Servicios Inmobiliarios, S.L., con NIF: B-36749174 que a continuación se describen:

Lote 1:

Vivenda na avda. da Florida nº 125 en Vigo, planta 6, porta 0, estudio. Superficie útil 26,08000 m.División horizontal: cota 0,60000, nº orden 107. Lindeiros: norte: corredor distribuidor; sur voo da cuberta do soto; leste estudio letra P igual planta; e oeste estudio letra N igual planta. Ten unha terraza de 3,3 m. Jaifer Servicios Inmobiliarios, S.L. ten o 100% de pleno dominio por título de propiedade horizontal. Predio 55127, tomo 1732, libro 797, folio 175, alta 1, Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo.

Valor: 29.149,09 A.

Cargas: 29.347,93 A.

Tipo: 23.110,37 A.

Lote 2:

Local rocho na avda. da Florida nº 125 entresolo en Vigo. Superficie útil 90 m, división horizontal: cota 0,50000. Lindeiros: norte, núcleo do portal e

escaleiras e en parte casa nº 123 á avda. da Florida e espacio inherente ó local un en planta baixa; sur locais un e seis en entreplanta e corredor común para os ditos locais e os números dous e cinco, leste. casa nº 2 á rúa Manuel de Castro e oeste, oco das escaleiras. Jaifer Servicios Inmobiliarios, S.L. ten o 8,6957% do pleno dominio por título de propiedade horizontal. Predio 54927, tomo 1730, libro 795, folio 19, alta 1, Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo.

Valor: 1.833,09 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 1.833,09 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que, o día 14 de xaneiro de 2004 ás 11.00 horas, nos locais da Zona de Recadación de Vigo, r/ Areal nº 62, local 3, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1º Que consta en poder da Zona de Recadación de Vigo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en

que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos