Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.341

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2003 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza número 01/076 de catedrático de universidade convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizados o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo consello de coordinación universitaria os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 01/076, convocado por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 1 de decembro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: Urbanística e Ordenación do Territorio.

Praza nº: 01/076.

Comision titular:

Presidente: González-Cebrián Tello, José Juan, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Gómez Ordóñez, José Luis, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Vocais:

Unzurrunzaga Goicoechea, Javier, catedrático de universidade. Universidade do País Vasco.

Ureña Francés, José María, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Moya González, Luis, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Álvarez Mora, Alfonso, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Secretario: Fariña Tojo, José, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocais:

Font Arellano, Antonio, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

León Vela, Manuel José, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Casariego Ramírez, Joaquín Pedro, catedrático de universidade. Universidade das Palmas de Gran Canaria.