Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Martes, 30 de decembro de 2003 Páx. 16.250

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 17 de decembro de 2003 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Estudio sobre resistencias de mycobacterium tuberculosis en Galicia e recomendacións de manexo.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada pola Consellería de Sanidade e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de se-lo caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2003.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Estudio sobre resistencias de mycobacterium tuberculosis en Galicia e recomendacións de manexo: 6 euros.