Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO da modificación do estudio de detalle da parcela As Campeiras, na parroquia de Valdoviño.

Promotor: H.C.I. Valdoviño, S.L. y Promociós Valdiviño, S.L. representadas por Gonzalo Doce Barro y Manuel Cid Cid.

O Pleno do Concello, na sesión do día 31 de outubro de 2003, ratificou o acordo da Comisión de Goberno do día 8 de agosto de 2003, da aprobación definitiva da modificación do estudio de detalle da parcela As Campeiras da parroquia de Valdoviño, promovido por H.C.I. Valdoviño, S.L. e Promociós Valdiviño, S.L. representadas por Gonzalo Doce Barro e Manuel Cid Cid respectivamente, e de acordo coa documentación técnica do arquitecto Santiago Muñiz Gómez con data de febreiro de 2003.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase este anuncio e remitirase á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia autenticada do expediente e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polos secretario do concello.

Contra o acordo da aprobación definitiva, que pon fín á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Valdoviño, 20 de novembro de 2003.

Concepción Sanesteban Raposo

Alcaldesa