Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada de expediente de gasto, da contratación dun servicio de mantemento e relocalización do equipamento microinformático do Servicio Galego de Saúde (Consellería de Sanidade-Xunta de Galicia) (S/002-2004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S/002-2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de mantemento e recolocación do equipamento microinformático do Sergas (Consellería de Sanidade-Xunta de Galicia).

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: anticipada do expediente de gasto, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: cincicentos noventa e dous mil euros (592.000,00 A).

5. Garantía provisional: si, 2% do importe de licitación por importe de once mil oitocentos corenta euros (11.840,00 A).

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18 e telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

a) Clasificación, se é o caso (grupos, subgrupos e categoría): grupo V, subgrupo 3, categoría B.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 h do día 10 de xaneiro de 2004.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses, contados desde a data de apertura das ofertas económicas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: a partir das 9.00 horas A.M. na sala 2.1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do décimo día natural contado desde a data de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte (21 de xaneiro de 2004).

10. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios.

O importe estimado máximo destes gastos ascende a tres mil euros (3.000,00 A).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: www.sergas.es.

12. Data de envío do anuncio ó DOCE: 5 de decembro de 2003.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2003.

P.D. (Decreto 45/2002, do 8 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos