Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 26 de decembro de 2003 Páx. 16.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 4 de xuño de 2003, o alleamento en pública poxa dos bens inmobles embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Vigo como da propiedade do debedor Gordedo Darriba, Mª Carmen, con NIF: 36074893Z, que a continuación se describen:

Lote 1: local, rocho na rúa Prolongación de Manuel de Castro s/n entreplanta de Vigo, superficie útil: 48,9 m cadrados, división horizontal: cota 1,93, nº orde 2. Estremas: norte, parcela 05; sur, soto do edificio; leste, subsolo da beirarrúa da rúa B, e oeste, cuarto das caldeiras, electricidade, augas e patanal das escaleiras. Desc.: 1/14 ava parte indivisa do predio descrito que se concreta no rocho 18-B duns 2,9 m cadrados. Mª Carmen Gordedo Darriba, 50% do pleno dominio por título de adxudicación con carácter privativo, 16,6667% do usufructo por título de adxudicación con carácter privativo. Predio 58921/14, tomo 1968, libro 1033, folio 84, alta 1, do Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo.

Valor: 1.337,25 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 1.337,25 A.

Lote 2: local garaxe na rúa Martín Echegaray nº 1 soto (3 niveis) de Vigo. Superficie construída 1,435,2 m cadrados, división horizontal cota 30,38, nº de orde 1. Estremas: norte, parcela 05; sur, subsolo da parcela 0,7; leste, subsolo da rúa B) e oeste, subsolo da rúa Prolongación de Manuel de Castro. Desc.: 2/106 avas partes indivisas do predio descrito que se concreta na praza de garaxe nº 5-B no nivel 1 de 25 m cadrados. Mª Carmen Gordedo Darriba, 50% do pleno dominio por título de adxudicación con carácter privativo; 16,6667% do usufructo por título de adxudicación con carácter privativo. Predio 58538/66, tomo 1968, libro 1033, folio 85, alta 1, do Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo.

Valor: 4.207,08 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 4.207,08 A.

Lote 3: vivenda piso con anexos, na rúa Prolongación de Manuel de Castro s/n 1º B, de Vigo, Urbanización: Peri II, 12- A Florida B, pol. V, parcela: 02. Superficie útil: 57,45 m cadrados, división horizontal: cota 2,621, nº orde 6. Estremas: norte, parcela 05; sur, caixa e patanal de escaleiras; oco de ascensor e vivenda letra C da súa planta; leste, beirarrúa da rúa B) do polígono e en parte vivenda C e oeste: rúa Prolongación de Manuel de Castro. Desc. Vincúlanse «OB REM» a este predio 2/1069 avas partes indivisas do predio 58538, concretadas na praza de garaxe 5-B no nivel 1. Mª Carmen Gordedo Darriba ten o 50% do pleno dominio por título de adxudicación con carácter privativo; 16,6667% do usufructo por título de adxudicación con carácter privativo. Predio 58929, tomo 1849, libro 914, folio 116, alta 2, do Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo.

Valor: 24.581,39 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 24.581,39 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 14 de xaneiro de 2004 ás 12.00 horas, nos locais da Zona de Recadación de Vigo, r/ Arenal nº 62, baixo a presidencia do delegado territorial, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1º Que consta en poder da zona de recadación de Vigo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que

o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2º Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3º Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con posturas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4º Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será alomenos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5º No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6º Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7º Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes dende o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8º A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a

Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9º O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos