Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

POXA das obras de sinalización vertical, horizontal e balizamento na rede de estradas da Deputación Provincial de Ourense.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións, para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12.00 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12.00 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32 ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Obras: sinalización vertical, horizontal e balizamento na rede de estradas de Deputación Provincial de Ourense, segundo o proxecto técnico redactado polos servicios técnicos desta deputación, con orzamento de 300.506,05 euros e prazo de execución de 2 meses. Clasificación esixida: G.5.e.

Ourense, 17 de decembro de 2003.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense