Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 1 de decembro de 2003, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2002/000146-2 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se establezca, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Lugo en Celeiro-Viveiro, avda. Ramón Canosa s/n-27863.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000146-2.

Denunciado: Juan Antonio Río Otero.

DNI: 33843320-Q.

Enderezo: San Miguel, nº 28. Ribadeo (Lugo).

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 1.200 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000197-2.

Denunciado: Manuel Grandal Fernández.

DNI: 76406757-K.

Enderezo: lugar O Castro Pedroso, nº 5. Narón (A Coruña).

Precepto infrinxido: 6.32º.

Sanción: 150,26 euros.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos o documento de ingreso correspondente.

Lugo, 1 de decembro de 2003.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo