Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/125-2, 5659 bis A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo proxecto L.M.T., C.T., R.B.T. estrada de Currelos.

Situación: Monforte de Lemos.

Características técnicas: L.M.T. aérea núa con lonxitude de 17 m con orixe na L.M.T. circunvalación Monforte de Lemos, conductor tipo LA-56 e final na L.M.T. subterránea de estrada de Currelos.

L.M.T. subterránea con lonxitude de 760 m con orixe no apoio nº 1 da L.M.T. aérea a C.T. de estrada de Currelos, conductor tipo R.H.V. e final no C.T. de estrada de Currelos.

C.T. prefabricado con potencia de 250 kVA e relación de transformación de 20.000/380-220 V.

L.B.T. aérea de estrada de Currelos con lonxitude de 1.575 m con orixe no apoio nº 1 da R.B.T. de estrada de Currelos, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.

R.B.T. subterránea con lonxitude de 80 m con orixe no C.T. de estrada de Currelos, conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de novembro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo