Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 18 de decembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se lle notifica a Pedro Fernando Fernández Díaz acordo de incoación de expediente disciplinario.

O 20 de novembro de 2003 o secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acordou a incoación de expediente disciplinario a Pedro Fernando Fernández Díaz, mestre con destino no CPI Armando Cotarelo Valedor de Boimorto (A Coruña). Mediante carta certificada con xustificante de recepción, intentouse a notificación do dito acordo, sen que conste a súa recepción polo interesado. En aplicación do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 (do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a súa notificación por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do seu último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia. En virtude disto, reprodúcese integramente, para que lle sirva de notificación ó interesado, o texto do acordo de incoación do expediente:

«O 24 de setembro de 2003 ten entrada nesta secretaría xeral un escrito da delegada provincial desta consellería na Coruña no que propón a incoación dun expediente disciplinario a Pedro Fernando Fernández Díaz, mestre con destino no CPI Armando Cotarelo Valedor de Boimorto. Co dito escrito achéganse informes do Servicio da Inspección Educativa da Coruña, do Servicio Provincial de Muface na Coruña e da Dirección do CEIP Bergantiños de Carballo. Por oficio do 6 de novembro de 2003, a Delegación Provincial da Coruña achega información complementaria en relación coa antedita proposta de incoación de expediente disciplinario.

De acordo coa documentación mencionada, Pedro Fernando Fernández Díaz podería ser responsable dunha ausencia inxustificada e continuada durante un longo período de tempo, o que podería constituír un abandono do servicio.

Por todo o anterior, de conformidade cos artigos 16, 17 e 18 do Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (aprobado polo Decreto 94/1991, do 20 de marzo; publicado no DOG nº 58, do 25 de marzo), esta secretaría xeral

ACORDA:

Primeiro.-Incoar expediente disciplinario a Pedro Fernando Fernández Díaz, mestre con destino no CPI Armando Cotarelo Valedor de Boimorto.

Segundo.-Designar como instructora do dito expediente a María Eudoxia Sáenz López, do Servicio da Inspección Educativa de Lugo.

Terceiro.-Designar como secretaria a Alcázar de la Paz Vázquez Penas, auxiliar administrativa con destino no IES de Arzúa».

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2003.

Néstor Valcárcel Teijeiro

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria