Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2003, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de impacto ambiental do Plan Galicia: variante de Negreira, clave AC/03/008.00.1.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas, do 18 de decembro de 2003, aprobouse provisionalmente o estudio informativo e o estudio de impacto ambiental do Plan Galicia: variante de Negreira, clave AC/03/008.00.1.

De acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, o devandito estudio informativo sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que as persoas que o estimen oportuno poidan formular por escrito ante a Dirección Xeral de Obras Públicas as observacións que crean convenientes relativas ás circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da estrada e sobre a concepción global do seu trazado.

Así mesmo, durante este período, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no estudio informativo, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia e na Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

Estando a exposición ó público para estes efectos no Servicio Provincial de Estradas da Coruña, na Dirección Xeral de Obras Públicas e nos concellos de Negreira e A Baña.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2003.

Antonio López Blanco

Subdirector xeral de Estradas