Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Mércores, 24 de decembro de 2003 Páx. 16.023

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2003 pola que se declara concluído o procedemento e deserta a praza 149/2001 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade.

Convocada concurso por resolución da Universidade da Coruña do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro) para a provisión da praza 01/149 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade, e tendo en conta que a comisión non propón ningún candidato; visto o artigo 11.2º d) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado resolve declarar concluído o procedemento e deserta a praza referida.

A Coruña, 27 de novembro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións