Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 23 de decembro de 2003 Páx. 15.979

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 24 de novembro de 2003 polo que se convoca unha praza de persoal laboral fixo.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa da seguinte praza:

A) Posto: subdirector. Centro Superior de Hostalería de Galicia (REF. DIR-0503).

1. Funcións principais: baixo a dirección e supervisión da Dirección do Centro Superior de Hostalería de Galicia, asumirá o deseño, desenvolvemento, coordinación e seguimento das prácticas en empresas dos alumnos; encargarase da xestión dos puntos de venda de restauración así como dos servicios xerais (almacén, mantemento...).

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, nacional do Reino de Noruega ou nacional da República de Islandia.

-Ser maior de 18 anos e non exceder da idade de xubilación forzosa.

-Dominio do idioma galego.

-Formación en xestión hostaleira.

-Experiencia en postos de responsabilidade en empresas do sector hostaleiro ou docente de 18 meses, dos que un mínimo de 6 meses serán en cadeas hostaleiras.

-Dominio de inglés e/ou francés.

-Dispoñibilidade para viaxar.

4. Valorarase:

-Currículum vitae.

-Coñecementos de alemán.

-Tratamento de textos, base de datos e folla de cálculo (Microsoft Office XP).

-Capacidade de integración e coordinación de equipos de traballo.

5. Probas que se van realizar:

-Exame eliminatorio de coñecementos profesionais, (ver temario anexo I).

-Proba oral e escrita de inglés e/ou francés e de alemán.

-Proba práctica de Microsoft Word, Excel e Access.

-Cuestionario de personalidade.

-Entrevista persoal.

B) Documentación que hai que presentar:

-Currículum vitae.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a formación esixida, así como a formación complementaria e/ou experiencia que se desexe xuntar para ser valorada, xunto co certificado de vida laboral.

C) Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

-As solicitudes dirixidas ó director do Centro Superior de Hostalería de Galicia, faranse chegar ó enderezo seguinte: estrada Santiago de Compostela-Noia, km. 3, A Barcia. 15896 Santiago de Compostela, indicando no sobre a referencia do posto ó que se opta.

-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

D) Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para a praza ofertada publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección.

-O mecanismo de selección consistirá na realización das probas especificadas no punto A.5 cunha puntuación máxima do 55% sobre o total posible, valoración de méritos cunha puntuación máxima do 35% e unha entrevista persoal cunha puntuación máxima do 10%.

E) Elaboración de listas para a cobertura de prazas temporais:

-A lista da praza convocada, ordenada pola suma das puntuacións de cada un dos exercicios superados polos candidatos, con todos aqueles que aprobasen alomenos dúas das probas do proceso de selección, utilizarase para a cobertura de prazas temporais da mesma categoría, que poidan ir xurdindo na sociedade, conforme o establecido no artigo 7.2º da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

-Para a contratación de persoal laboral da lista mencionada no parágrafo anterior, Turgalicia instará ó primeiro da lista, mediante telegrama, para que compareza nas súas dependencias, e, se é o caso, acepte a praza ofertada. No caso de non presentarse, entenderase que renuncia a ela, procedéndose por parte da sociedade ó chamamento do seguinte da lista, decaendo, o candidato que renunciou á praza, en tódolos dereitos que pudiesen derivar da súa participación neste proceso.

-Os candidatos que sexan chamados para unha contratación serán excluídos das listas durante o tempo de duración do contrato, e, unha vez finalizado este, pasarán a ocupa-lo mesmo lugar que tiñan na lista no caso de contratos de duración inferior a seis meses, e pasarán ó derradeiro lugar da lista no caso de contratos superiores a seis meses.

-En tódolos contratos temporais superiores a seis meses, establecerase un período de proba.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2003.

Pedro Capó Martínez

Director xerente de Turgalicia, S.A.

ANEXO I

Temario: subdirector do Centro Superior de Hostalería de Galicia.

1. Tipos de servicio (restaurante, bar, cafetería).

2. Xestión de compras e almacén.

3. Control de custos en hostalería.

4. Comercialización da área de restauración.

5. Comercialización da área de aloxamento.

6. Organización do departamento de alimentos e bebidas.

7. Organización do departamento de aloxamento.

8. Fixación de prezos.

9. Confección de orzamentos.

10. Regulación xurídica do sector hostaleiro.